STS-58 foi unha misión do transbordador espacial Columbia lanzada o 18 de outubro de 1993 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.

Características STS-58, con sete astronautas a bordo, foi lanzada para facer experimentos biolóxicos a bordo do laboratorio Spacelab 2 e participar no experimento de radioafeccionados SAREX II. A tripulación estaba formada polo comandante John E. Blaha, o piloto Richard A. Searfoss, os especialistas de misión M. Rhea Seddon, William S. McArthur, David A. Wolf e Shannon W. Lucid e o especialista de carga Martin Fettman.

Ademais do Spacelab 2, o transbordador levaba a bordo sete experimentos biomédicos relacionados coa estancia de longa duración no espazo. O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 1 de novembro de 1993.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Columbia

Categoría:Programa STS