António Maria Mourinho, nado en Sendim o 14 de febreiro de 1917 e finado en Lisboa o 13 de xullo de 1996, foi un etnógrafo, etnólogo e arqueólogo portugués.

Traxectoria António Mourinho estudou no Seminairo Maior de Braganza en 1941, e fíxose reitor da freguesía mirandesa de Duas Igrejas en 1942. Entre 1960 e 1970, estudou en España no Instituto de Alta Cultura, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural e do Consello Nacional de Investigacións Científicas de Madrid. Entre 1970 e 1975, estudou na Facultade de Letras da Universidade do Porto e graduouse en ciencias históricas e xeográficas, e tamén asistiu á Universidade de Valladolid entre 1984 e 1985, onde se graduou en museoloxía. Contribuíu na fundación do Museo da Terra de Miranda, do que foi director entre 1982 e 1991. En 1995, axudou a elaborar a Cumbençon Ourtográfica de la Lhéngua Mirandesa.

Foi nomeado Oficial da Orde Militar de Cristo en 1943, recibiu a Medalla de Mérito Turístico en 1979 e o Premio Europeo de Arte Popular en 1982. Tamén obtivo o título de Cidadán Honorario e recibiu a Medalla de Honra de Miranda do Douro en 1991.

Obras Coreografia Popular Transmontana (1953) Malha do Cereal na Cardenha e Coro dos Malhadores (1955) Teatro Rural em Trás-os-Montes (1956) Diversidades Subdialetais do Mirandês (1960) Nuossa Alma i Nuossa Tierra (1961) Scoba Frolida an Agosto: Lienda de Nuossa Senhora de l Monte de Dues Eigreijas (1983) Grupo Folclórico Mirandês de Duas Igrejas (1983) Cancioneiro Tradicional e Danças Populares Mirandesas (1984) Epigrafia Latina aparecida entre Sabor e Douro desde o Falecimento do Abade de Baçal: 1947 (1988) Terra de Miranda: Coisas e Factos da Nossa Vida e da Nossa Alma Popular (1991) Guerra dos Sete Anos ou Guerra do Mirandum (1994) Curriculum Vitae: Notas Culturais (1995)

Notas

Véxase tamén Outros artigos António Bárbolo Alves Ligazóns externas Arquivo persoal de António Maria Mourinho

Categoría:Nados en 1917 Categoría:Nados no distrito de Braganza Categoría:Finados en 1996 Categoría:Arqueólogos de Portugal Categoría:Etnógrafos e folcloristas Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Lingua mirandesa Categoría:Etnólogos