STS-91 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 2 de xuño de 1998 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-91, con seis astronautas a bordo, foi a última misión dun transbordador cara a estación espacial Mir. Levou subministracións e equipamento e durante o lanzamento fixo uso dun novo tanque externo lixeiro de aluminio-litio. A tripulación, formada polo comandante Charles J. Precourt, o piloto Dominic L. Pudwill Gorie e os especialistas de misión Wendy B. Lawrence, Franklin R. Chang-Diaz, Janet L. Kavandi e Valeri Victorovitch Riumin, fixo diversos experimentos e o transbordador levou ao espazo por primeira vez o instrumento AMS para medir partículas moi enerxéticas.
O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 12 de xuño de 1998.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Discovery
Categoría:Programa STS