Annie Ernaux, nada en Lillebonne o 1 de setembro de 1940, é unha escritora francesa. Recibiu o premio Nobel de Literatura en 2022.
Traxectoria Catedrática e profesora de letras modernas, pasou a súa infancia e a súa mocidade en Yvetot, en Normandía. Gañou o Premio Renaudot por La Place en 1984.
Moi cedo, abandonou a ficción polo autobiográfico, narrando historias da súa infancia na cafetaría-tenda de ultramarinos dos seus pais en Yvetot. Sen ornamentos, conta o ascenso social dos seus pais (La place, La honte), a súa adolescencia (Ce qu'ils disent ou rien), o seu matrimonio (La femme gelée), o seu aborto (L’événement), a enfermidade de Alzheimer (Je ne suis pas sortie de ma nuit) e despois a morte (Une femme) da súa nai por cancro de mama (L'usage de la photo).
Escribiu tamén L'écriture comme un couteau con Frédéric-Yves Jeannet.
O 6 de outubro de 2022, a Academia Sueca concedeulle o Premio Nobel de Literatura. Na súa declaración, o xulgado louvou "a valentía e agudeza clínica coa que descobre as raíces, estrañamentos e restricións colectivas da memoria persoal".
Obra Les armoires vides, Gallimard, 1974 La place, Gallimard, 1983 La femme gelée, Gallimard, 1981. Une femme, Gallimard, 1989 Ce qu’ils disent ou rien, Gallimard, 1977 Passion simple, Gallimard, 1992 Journal du dehors, Gallimard, 1993 La honte, Gallimard, 1997 Je ne suis pas sortie de ma nuit, Gallimard, 1997. La vie extérieure, Gallimard, 2000 L’événement, Gallimard, 2000. Traducida ao galego Por Modesto Rodríguez Barcia. Se perdre, Gallimard, 2001 L’occupation, Gallimard, 2002 L’usage de la photo, Gallimard, 2005 Les Années, Gallimard, 2008 L'Autre fille, Nil, 2011 L'Atelier noir, éditions des Busclats, 2011 Écrire la vie, Gallimard, 2011 Mémoire de fille, Gallimard, 2016.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Lyn Thomas. Annie Ernaux, à la première personnes. París: Stock, 2005 ISBN 2-234-05745-0 Fabrice Thumerel. Annie Ernaux: une œuvre de l’entre-deux. París: Artois Presses Université, 2004 ISBN 2-84832-018-4
Categoría:Nados no departamento do Sena Marítimo Categoría:Nados en 1940 Categoría:Escritores de Francia Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Premio Nobel de Literatura