O Partido Comunista de Estonia (en estoniano: Eestimaa Kommunistlik Partei, EKP) foi a póla rexional do Partido Comunista da Unión Soviética en Estonia, o partido único da República Socialista Soviética de Estonia.
Historia O Partido Comunista de Estonia formouse en 1920, cando Estonia se integrou na Unión Soviética en 1940 converteuse no brazo rexional do PCUS e como tal foi o único partido permitido e o que gobernou Estonia ata que en 1990 houbo eleccións libres na república que conduciron á independencia de Estonia en 1991. O EKP autodisolveuseLauristin & Hansson (2019), p. 30 e transformouse no Partido Democrático do Traballo de Estonia en 1992, partido testemuñal na vida política estonia agora co nome de Partido da Esquerda Estonia.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Partidos comunistas Categoría:Partidos políticos desaparecidos