Isabel Martínez-Barbeito Morás, nada na Coruña en 1918 e finada na mesma cidade o 15 de xuño de 2007 , foi bibliotecaria e arquiveira do Concello da Coruña e escritora ensaísta.

Traxectoria Isabel Martínez-Barbeito era filla da pedagoga María Barbeito e irmá de Carlos Martínez-Barbeito, que foi presidente de Belas Artes, e Juan María, da Cámara de Comercio. Licenciada en Filosofía e Letras (Historia) pola Universidade de Santiago de Compostela, foi membro de número do Instituto José Cornide de Estudos Locais. Escribiu os libros Catálogo del Museo de Bellas Artes, Privilegios Reales y viejos documentos de La Coruña e Notas de un archivo, recompilación dos artigos que publicou durante diversos anos en La Voz de Galicia.

Obras Ensaio Notas de un archivo, 2002. Asuntos de Guerra, 1962.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

, necrolóxica de Ángel Padín en La Voz de Galicia, 5 de xullo de 2007 .

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 2007 Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes