Schmuel Gelbfisz, coñecido como Samuel Goldwyn, nado en Varsovia o 17 de agosto de 1879Samuel Goldwyn, Lobo Solitario de Hollywood e finado nos Ánxeles o 31 de xaneiro de 1974 foi un produtor de cinema estadounidense de orixe polaca, fundador da compañía Metro-Goldwyn-Mayer.

Dotado de gran talento e inventiva, no seu case medio século de actividade produciu numerosos filmes de calidade, especialmente no xénero do melodrama e da comedia musical, sendo á súa vez descubridor de grandes talentos, tanto na dirección (Cecil B. DeMille ou William Wyler) como na interpretación (Gary Cooper, David Niven, Danny Kaye, Lili Damita ou Eddie Cantor).

Traxectoria Goldwyn naceu en Varsovia nunha familia xudía hasídica. Os seus pais foron Aaron Dawid Gelbfisz (1852-1895), vendedor ambulante, e a súa esposa Hanna Reban (de solteira Jarecka; 1855-1924). De moi novo abandonou Varsovia a pé e sen cartos. Viaxou a Birmingham, onde permaneceu con familiares durante uns anos usando o nome de Samuel Goldfish. Tiña dezaseis anos cando morreu o seu pai.

En 1898 emigrou aos Estados Unidos, mais temendo ser rexeitada a súa entrada, atracou en Nova Scotia, Canadá, antes de mudarse ao estado de Nova York en xaneiro de 1899. Atopou traballo en Gloversville, Nova York, no negocio da roupa. Axiña o seu talento para o márketing converteuno nun vendedor de éxito en Elite Glove Company. Tras catro anos, como vicepresidente de vendas, instalouse en Nova York.A. Scott Berg, Goldwyn, a Biography

En 1913, xunto co seu cuñado Jesse L. Lasky, Cecil B. DeMille e Arthur Friend formou unha compñía, The Jesse L. Lasky Feature Play Company, para producir longametraxes.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas American Masters: Sam Goldwyn The American Presidency Project

Categoría:Produtores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Varsovia Categoría:Nados en 1879 Categoría:Finados en 1974