Acontecementos Tzakhas, un aventureiro turco instálase en Esmirna, autoproclámase emir e comeza, con axuda dunha frota, que acolle incluso bizantinos, a conquistar illas e territorios costeiros do mar Exeo (até que é derrotado por Alexo I Comneno cara 1090). O rabbino Josef ibn Ferrusel «Cidiello» é elevado a conselleiro e médico do rei Afonso VI (até 1095). Concilio de Burgos: adóptase para os reinos casteláns na liturxia o rito romano, en substitución do rito hispano (tamén denominado "mozárabe"). O papa Gregorio VII escomunga ao emperador xermano Henrique IV, por segunda vez. Al-Mutamid ben Abet, rei taifa de Sevilla, toma a cidade de Córdoba.

Nacementos

Leopoldo IV de Austria. Alexandre I, o Feroz, rei de Escocia.

Mortes 17 de abril: Harald Hen ou Harald III, rei de Dinamarca (n. 1041). Ísleifur Gissurarson, primeiro bispo de Islandia. Heriberto IV de Vermandois, conde de Vermandois de 1045 a 1080 e conde de Valois de 1077 a 1080. Historia ano a ano

Categoría:1080