Cornelis Benjamin Biezeno, nado o 2 de marzo de 1888 na vila surholandesa de Delft e finado o 5 de setembro de 1975 en Wageninngue, provincia de Güeldres, foi un matemático holandés, destacado profesor da Universidade de Tecnoloxía de Delft."Cornelis Benjamin Biezeno (1888-1975)". En KNAW Past Members (en inglés)
Destacou principalmente polos seus estudos dedicados á teoría da estabilidade das estruturas elásticas.
Traxectoria Biezeno estudou matemática aplicada e teoría da elasticidade na Universidade de Tecnoloxía de Delft (TU Delft) entre 1904 e 1909, onde resultou graduado cum laude. Ao pouco tempo, comezou a exercer nesta mesma institución como profesor titular, primeiro da materia de Resistencia dos Materiais e despos de Matemáticas, e en 1914 obtivo a cátedra de Enxeñaría mecánica. Fointamén reitor da devandita universidades, en dous períodos, entre 1937 e 1938 e, posteriormente, de 1949 a 1951.Bruggemans, J.S. Inventaris van de archieven van de Technische Hogeschool te Delft. Nationaal Archief Den Haag, 1983. Overzicht van de rectores magnifici tussen 1905 en 1959. Páxinas 139-141 (en neerlandés)
Biezeno dedicouse primeiro á resolución por métodos xeométricos de problemas de mecánica estática, deixando ao lado os principios de enerxía (e, particularmente, o principio dos traballos virtuais) que era algo demasiado abstracto. O tratado que escribiu con Richard Grammel, Technische Dynamik (1939), que foi unha referencia no ámbito xermano posterior á segunda guerra mundial, é unha testemuña desa dedicación.
A lectura do tratado de elasticidade de Love e o continuo perfeccionamento das máquinas calculadoras convencérono, no entanto, do maior interese do enfoque analítico que do xeométrico.Augustus Edward Hough Love. A Treatise on the Mathematical Theory of Elasticity. 1892 (en inglés)
A partir de aí, dedicouse ao estudo da estabilidade das estruturas elásticas, continuando as investigacións iniciadas neste campo por Richard Vynne Southwellen 1913."Professor Cornelis Benjamin Biezeno (1888-1975)". En ShellBuckling.com (en inglés)
Recoñecementos Biezeno foi un dos organizadores do I Congreso Internacional de Mecánica Aplicada (Delft, 1924). Foi nomeado doutor honoris causa polas universidades de Gante, de Ámsterdam e a Libre de Bruxelas. En 1939 entro a formar parte do Real Instituto de Ciencias dos Países Baixos e en 1960 foi galardoado coa Medalla Timoshenko, xunto co seu estreito colaborador Richard Grammel."Timoshenko Medal". No sitio web da Sociedade Norteamericana de Enxeñeiros Mecánicos (ASME) (en inglés)
A Real Sociedade Neerlandesa de Enxeñeiros (KIVI) instituíu o Premio Biezeno de Mecánica Sólida (Biezeno Solid Mechanics Award) como recoñecemento ao labor deste científico pioneiro nas investigacións en mecánica sólida nos Países Baixos."Biezeno Award for Solid Mechanics 2017". No sitio web oficial da Real Sociedade Neerlandesa de Enxeñeiros (KIVI) (en inglés)
Obras Technische Dynamik. Springer Verlag, 1939 (en colaboración con Richard Grammel). Engineering Dynamics (catro volumes). Glasgow: Blackie, 1955-1956 (en colaboración con Richard Grammel). Editor de: Proceedings of the First International Congress for Applied Mechanics. Delft, 1924."Proceedings of the First International Congress for Applied Mechanics, edited by C. B. Biezeno and J. M. Burgers". Delft, 1924 (en inglés)
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Universidade de Texnoloxía de Delft
Bibliografía Anniversary volume on applied mechanics, dedicated to C.B. Biezeno by some of his friends and former students on the occasion of his sixty-fifth birthday, March 2, 1953. Stam, 1953 (en inglés)
Ligazóns externas Cornelis Benjamin Biezeno. En Mathematics Genealogy Project (en inglés) Biezeno, Cornelis Benjamin (1888-1975). En Biographical Dictionary of the Netherlands: 1880-2000 (en neerlandés)
Categoría:Nados en Delft Categoría:Nados en 1988 Categoría:Finados en 1975 Categoría:Enxeñeiros dos Países Baixos Categoría:Matemáticos dos Países Baixos Categoría:Científicos dos Países Baixos Categoría:Alumnos da Universidade de Tecnoloxía de Delft Categoría:Profesores da Universidade de Tecnoloxía de Delft