Epaminondas (en grego: Ἐπαμεινώνδας), nado c. -418 e finado en -362, foi un xeneral e político grego do século -IV que transformou a cidade-estado de Tebas para convertela na nova potencia hexemónica de Grecia, en substitución de Esparta.
Epaminondas redebuxou o mapa político de Grecia, fragmentou antigas alianzas, creou novas e supervisou a construción de cidades enteiras. Tamén tivo grande influencia militar, inventando e poñendo en funcionamento diversas e moi importantes tácticas de batalla. Antes do seu mandato, Tebas atopábase nunha situación de dominio espartano. Epaminondas logrou mellorar a capacidade militar de Tebas para situala nunha posición preeminente dentro da política de Grecia, creando o que se coñecería como a hexemonía tebana. No proceso acabou coa supremacía militar espartana na Batalla de Leuctra e liberou os ilotas de Mesenia, un grupo de gregos do Peloponeso que foran reducidos á servidume baixo o dominio de Esparta durante uns 200 anos.
O orador romano Cicerón chamouno o primeiro home de Grecia, aínda que Epaminondas caeu nunha relativa escuridade nos tempos modernos. Os cambios que Epaminondas levou á orde política grego non lle sobreviviron moito tempo, dado que o ciclo de hexemonías e alianzas aínda non se estabilizou. Tan só 27 anos despois da súa morte, Tebas foi destruída por Filipo II de Macedonia, batalla na que tamén participou o seu fillo Alexandre Magno. Por todo iso, Epaminondas non é lembrado tanto como un idealista e liberador (como o vían no seu tempo), senón por unha década de campañas (desde -371 até -362) que deron forma e forza aos grandes poderes de Grecia e que pavimentou o camiño para a posterior conquista macedonia.
Fontes históricas Aínda que Epaminondas foi unha figura moi significativa do seu tempo, hai comparativamente moi pouca información sobre a súa vida ao alcance dos historiadores modernos, e non existe ningún historiador clásico que nos mostre unha imaxe completa do personaxe. Algunhas das biografías máis completas son traballos de Cornelio Nepote, Pausanias, Plutarco, Diodoro Sículo e Xenofonte, aínda que non todas elas chegaron até os nosos días.
En particular, unha das principais biografías perdidas é a realizada por Plutarco sobre Epaminondas nas súas Vidas paralelas. Epaminondas era unha das aproximadamente 50 figuras históricas analizadas por Plutarco na súa obra, e na que o comparaba co político romano Publio Cornelio Escipión o Africano. Con todo, estas dúas biografías non perduraron até os nosos díasBuckley, Aspects of Greek History, 12. Plutarco escribiu uns 600 anos despois da vida de Temístocles, polo que se trata dunha fonte moi secundaria, pero o seu valor radica en que a miúdo menciona os nomes das súas fontes, o cal dá certo grao de verificabilidade ás súas afirmaciónsPor exemplo, en Temístocles 25 aparece unha referencia directa a Tucídides 1.137.
De todas as biografías que perduraron, a máis completa que existe á nosa disposición é a de Cornelio Nepote, do século -I, que se converte por tanto na principal fonte sobre a vida de EpaminondasCornelio Nepote, Epaminondas. Con todo, a biografía de Cornelio Nepote é curta, aínda que se poden atopar algúns datos máis na Descrición de Grecia de Pausanias. No que respecta á obra de Plutarco, e a pesar de terse perdido a súa biografía, pódense atopar algúns dos detalles sobre a súa vida e traballos nas biografías sobre Pelópidas e Axesilao II.
O período da historia de Grecia que transcorre a partir do ano -411 foi relatado principalmente polo historiador Xenofonte, que vía a súa obra como unha continuación da Historia da Guerra do Peloponeso de TucídidesXenofonte, Helénicas, 1.1. Con todo, Xenofonte, que idolatraba a Esparta e ao seu rei Axesilao II, evita mencionar a Epaminondas sempre que lle é posíbel e nin sequera fai mención da súa presenza na Batalla de LeuctraXenofonte, Helénicas, 6.4 * Cawkwell, Introduction, 35–36; Hanson, Hoplites, 145; Hanson, The Soul of Battle. Por último, o papel de Epaminondas nos conflitos do século -IV tamén é descrita por Diodoro Sículo na súa obra Biblioteca histórica, pero Diodoro escribiu no século -I, e tamén é unha fonte moi secundaria, aínda que útil para corroborar os detalles que aparecen noutras fontesGreen, Alexander the Great, xxiv–xxvLazenby, The Defence of Greece, 7.
Por todas estas razóns hoxe en día atopámonos nunha situación na que o personaxe histórico de Epaminondas é virtualmente descoñecido, e en particular en comparación con personaxes case contemporáneos como o conquistador macedonio Alexandre Magno ou o xeneral ateniense AlcibíadesVictor Davis Hanson, The Soul of Battle..
Traxectoria Mocidade, educación e vida persoal miniatura|250x250px|Epaminondas salvando a vida de Pelópidas. Segundo Cornelio Nepote o pai de Epaminondas, Polimnis, era un descendente empobrecido dunha nobre familia tebana. Con todo, iso non impediu que Epaminondas recibise unha educación excelente: os seus profesores de música estaban dentro dos mellores da súa disciplina, do mesmo xeito que os seus instrutores de danza. Máis notábel aínda foi o seu profesor de filosofía, Lisis de Tarento, que foi un dos últimos grandes filósofos pitagóricos. Lisis fora a vivir con Polimnis na época do seu exilio, o cal permitiu a Epaminondas traballar moito con el, polo que terminou destacando nos seus excelentes estudos filosóficos. Con todo, Epaminondas non era só un académico. Tamén resaltou polas súas calidades físicas e durante a súa mocidade dedicou moito tempo á preparación física cara ao combateCornelio Nepote, Epaminondas, II.
Epaminondas comezou pronto o seu servizo como soldado, pouco despois da adolescencia. Plutarco relata un incidente acaecido nunha batalla en MantineaPlutarco, Pelópidas, 4. Aínda que non se explicita claramente, probabelmente se trate do ataque de Esparta sobre Mantinea no ano -385 descrito por Xenofonte, posto que Plutarco afirma que Epaminondas formaba parte da forza tebana que axudaba aos espartanos, o cal encaixa na descriciónXenofonte, Helénicas, 5.2Plutarco, Pelópidas, 5–6 * Hanson, Hoplites, 146; Stylianoy, Diodorus Siculus, 172. Porén, Buck (Boiotia, 63) cuestiona a existencia dunha alianza entre Tebas e Esparta nese ano.. O que é seguro é que Epaminondas non era o suficientemente maior como para servir na batalla de Mantinea do ano -418.
Sexa como for, o feito é que nesa batalla tivo lugar un dos eventos máis importantes da mocidade de Epaminondas, posto que nesa batalla salvou a vida do seu futuro colega Pelópidas pondo en grave risco a súa propia. Plutarco di que este incidente puido cimentar a súa amizade, e Pelópidas converteríase no compañeiro político de Epaminondas durante os seguintes vinte anos. A través de toda a súa carreira, Epaminondas seguiría sendo destacado pola súa capacidade táctica e o seu manexo do combate corpo a corpo.
Epaminondas non casou nunca, o cal lle supuxo moitas críticas por parte dos seus contemporáneos, que pensaban que un personaxe como el estaba obrigado a prover ao seu Estado co beneficio de fillos que fosen tan grandes como o foi o seu pai. En resposta Epaminondas dixo que a súa vitoria en Leuctra era unha filla destinada a vivir por sempre. Sábese, con todo, que tivo diversas relacións amorosas con mozos gregos, un costume que era habitual na antiga Grecia, e que o era moi particularmente en Tebas. Plutarco recolle que os lexisladores tebanos instituíron a práctica para «temperar as formas e o carácter dos mozos»Plutarco, Vida de Pelópidas.. Unha anécdota contada por Cornelio Nepote indica que Epaminondas intimara cun mozo chamado Micito. Plutarco tamén menciona a dous dos seus amantes: Asópico, que loitou con el na Batalla de Leuctra, na que se distinguiu enormemente; e Capisdoro, que morreu con Epaminondas en Mantinea e foi enterrado ao seu ladoAteneo, Banquete dos eruditos, 605-606 .Plutarco, Diálogo sobre o Amor (Moralia 761)..
Epaminondas viviu toda a súa vida nunha situación próxima á pobreza, debido ao seu rexeitamento do enriquecemento persoal a través do seu poder político. Cornelio Nepote deixa constancia da súa incorruptibilidade, describindo como rexeitou a un embaixador persa que chegou a el cun suborno. Seguindo o costume dos pitagóricos, era dadivoso cos seus amigos e recomendáballes que fixesen o mesmo cos demais. Todos estes aspectos do seu carácter contribuíron de forma moi importante ao renome que adquiriu tras a súa morteO resto da información desta sección na que non se cita expresamente outra fonte procede de Cornelio Nepote, Vida de Epaminondas..
Comezos da súa carreira Epaminondas viviu unha época particularmente turbulenta na historia tebana. Despois da Guerra do Peloponeso, en -404, Esparta embarcouse nunha política unilateral e individualista moi agresiva contra o resto de poles gregas, e rapidamente foi alienando a moitos dos seus antigos aliadosFine, The Ancient Greeks, 547; Oxford Classical Dictionary, entrada Corinthian War. Tebas, mentres tanto, incrementara moito o seu poder durante a guerra, e buscaba gañar o control sobre outras cidades de Beocia (a rexión da antiga Grecia ao noroeste da Ática). Esta política, así como algunhas outras disputas máis, levaron a Tebas a un conflito con Esparta (o seu antigo aliado) na Guerra de CorintoXenofonte, Helénicas, 3.5. Nesa guerra, que se prolongou durante oito anos e acabou sen decantarse definitivamente por ningún dos dous bandos, producíronse algunhas derrotas tebanas moi sanguentas en enfrontamentos contra Esparta. Para cando acabou a guerra Tebas viuse forzada a esquecer as súas ambicións expansionistas e volver á súa antiga alianza con EspartaXenofonte, Helénicas, 4.1–8, y 5.1 * Seager, "The Corinthian War", 118–119.
En -382, con todo, o comandante espartano Fébidas cometeu un erro estratéxico que fixo que Tebas se volvese en contra de Esparta definitivamente, e que pavimentou o camiño para a chegada ao poder de EpaminondasPlutarco, Pelópidas, 5–6. Atravesando Beocia para unha campaña, Fébidas aproveitouse dunha revolta civil en Tebas para asegurar a entrada á cidade ás súas tropas. Unha vez dentro, asediou Cadmea (a acrópole tebana), e forzou ao partido antiespartano a fuxir da cidadePlutarco, Pelópidas, 5–6; Xenofonte, Helénicas, 5.2 * Beck, Politics of Power, 170. Epaminondas, aínda que estaba asociado a esa facción, puido quedar na cidade porque se pensaba que non era máis que un filósofo empobrecido e completamente inofensivoToda a información nesta sección procede de J.V. Fine, The Ancient Greeks: A Critical History.. Os espartanos instalaron un goberno monicreque en Tebas e impuxeron unha gornición espartana en Cadmea para asegurarse o comportamento ao seu favor dos tebanos.
Golpe de estado en Tebas Nos anos posteriores á toma de control de Esparta, os tebanos exiliados polo novo goberno reagrupáronse en Atenas e preparáronse, co apoio encuberto dos atenienses, a reconquistaren a súa cidade. Comunicáronse con Epaminondas, que comezou a preparar aos mozos da cidade para un intento de asaltar o poder. En -379, un pequeno grupo de exiliados liderados por Pelópidas infiltráronse na cidade e asasinaron aos líderes do goberno proespartano. Epaminondas e Górxidas dirixiron a un grupo de mozos que entraron nas armerías, colleron armas, e rodearon aos espartanos en Cadmea asistidos por unha forza de hoplitas atenienses.
Na asemblea tebana celebrada ao día seguinte Epaminondas e Górxidas trouxeron a Pelópidas e aos seus homes fronte á audiencia e exhortaron aos tebanos a loitar pola súa liberdade. A asemblea respondeu aclamando a Pelópidas e aos seus homes como liberadores e, temendo polas súas vidas, a gornición espartana rendeuse e foi evacuada. Aos tebanos do partido proespartano tamén se lles permitiu renderse, pero foron posteriormente executados polos insurxentes.
Despois do golpe de estado