Xusto de Canterbury (en latín: Iustus), nado probabelmente en Roma e finado en Canterbury o 10 de novembro entre o 627 e o 631, foi un clérigo e misioneiro italiano, cuarto arcebispo de CanterburyHigham Convert Kings p. 94
Traxectoria Enviado desde Italia a Inglaterra polo papa Gregorio Magno coa misión de converter aos anglosaxóns. Probabelmente chegou no segundo grupo, enviado no ano 601. Converteuse no primeiro bispo de Rochester en 604, e asistiu a un concilio local en París en 614"Nel 604 [...] fu consacrato vescovo della nuova sede di Rochester" Stanislao Majarelli, Enciclopedia cattolica, vol. VI, col. 860..
Tras a morte do rei Aethelberht de Kent en 616, tivo que fuxir á Galia, pero foi restituído na súa diocese ao ano seguinte. En 624 converteuse no arcebispo de Canterbury, supervisando o envío de misioneiros a Northumbria. Tras a súa morte foi reverenciado como santo e sepulto na abadía de Santo Agostiño, Canterbury.
Orixe Case todo o que se coñece de Xusto e a súa carreira derívase da Historia ecclesiastica gentis Anglorum de Beda o Venerábel, de principios do século VIIIHunt "Justus [St Justus] (d. 627x31)" Oxford Dictionary of National Biography. Como Beda non describe as súas orixes, consérvanse moi poucos datos sobre el antes de chegar a Inglaterra.
Segundo recolle o cardeal e historiador Baronio nos seus Annales, Xusto naceu en Roma, e pertencía á Orde Beneditina, tomando o hábito no mosteiro de San Gregorio da súa cidade natalCaesar Baronius, Annales Ecclesiastici p. 618.. Parece que era famoso pola súa piedade e por iso foi chamado polo papa Gregorio Magno para formar parte da misión gregoriana, xunto a Agostiño e Melito.
Chegada a Gran Bretaña No 595 o papa Gregorio I decidiu enviar unha misión para converter ao cristianismo aos anglosaxóns. Naquel momento, o Reino de Kent estaba gobernado por Aethelberht, quen casou con Bertha, unha princesa cristiá merovinxiaStenton Anglo-Saxon England pp. 105–106. A raíña levou consigo un bispo chamado Liudhard como o seu capelán e traballou activamente pola restauración da igrexa de San Martiño en Canterbury, que databa da colonización romana, grazas á tolerancia relixiosa do seu maridoNelson "Bertha (b. c.565, d. in or after 601)" Oxford Dictionary of National Biography.
Aproveitando as circunstancias favorábeis, o papa escolleu un primeiro grupo de misioneiros, na súa maior parte monxes beneditinos, liderados por Agostiño, prior da abadía de San Antonio de Roma, no que despois se denominou misión gregorianaBrooks Early History of the Church of Canterbury pp. 4–5. O grupo, composto por preto de 40 misioneiros, chegou a Kent en 597 tras unha ardua viaxeHigham Convert Kings pp. 76–77. Pronto conseguiron un notábel éxito, o que animou a Agostiño a pedir a Roma un segundo grupo de relixiososFletcher The Barbarian Conversion pp. 116–117Kirby Earliest English Kings pp. 24–25.
Xusto chegou probabelmente con este segundo grupo de misioneiros, enviados en 601Stenton Anglo-Saxon England p. 109. Algúns escritores modernos sinálano como un dos misioneiros orixinais que chegaron con Agostiño en 597, pero Beda afirma que Xusto chegou co segundo grupoHindley A Brief History of the Anglo-Saxons p. 65Blair World of Beda pp. 84–87Wallace-Hadrill Beda's Ecclesiastical History p. 43. Este segundo grupo incluía a Melito, quen máis tarde se converteu en bispo de Londres e arcebispo de CanterburyBrooks "Mellitus (d. 624)" Oxford Dictionary of National Biography. miniatura|Retrato de evanxelista de Lucas, dos Evanxeos de San Agostiño (c. século VI), unha das obras que probabelmente acompañasen a Xusto a Gran Bretaña. Se Xusto chegou co segundo grupo, entón fíxoo cun agasallo en forma de libros e «todas as cousas necesarias para a adoración e o ministerio da Igrexa». Un cronista de Canterbury do século XV, Thomas de Elmham, asegurou que aínda existían libros dos traídos a Inglaterra por ese segundo grupo que permanecerían en Canterbury até a súa época, aínda que non sinalou cales. Unha investigación dos manuscritos existentes de Canterbury mostra que un dos posíbeis libros sobreviventes son os chamados evanxeos de San Agostiño, agora en Cambridge (Corpus Christi College, Ms. 286). Outro posíbel supervivente podería ser a Regra de San Bieito, agora MS Oxford Bodleian Hatton 48 (Colgrave "Introduction" Earliest Life of Gregory the Great pp. 27–28). Outro evanxeo, escrito con estilo italiano e moi relacionado cos evanxeos de Santo Agostiño, é o MS Oxford Bodleian Auctarium D.2.14, que amosa evidencia de que estivo en mans anglosaxoas no período correcto. Por último, un fragmento dunha obra de Gregorio Magno, agora na biblioteca Británica como parte do MS Cotton Titus C pode ser que chegase cos misioneiros (Lapidge Anglo-Saxon Library pp. 24–25). Beda A History of the English Church and People p. 85–86Mayr-Harting Coming of Christianity p. 62
Bispo de Rochester Agostiño consagrouno como bispo en 604, encargándolle o coidado pastoral dunha provincia que incluía Rochester, cidade daquela situada no Reino de KentBrooks Early History of the Church of Canterbury p. 221. O historiador Nicholas Brooks sinala que a elección de Rochester probabelmente non se debeu a que fose unha diocese da época romana, senón porque xogaba un papel fundamental na política do reino. Aínda que a cidade era pequena, con só unha rúa, facía de nexo entre Watling Street e o estuario de Medway, e por tanto era unha cidade fortificadaBrooks "From British to English Christianity" Conversion and Colonization pp. 24–27. Como probabelmente non era monxe (Beda non o denomina así), posibelmente o seu clero na catedral tampouco era monásticoSmith "Early Community of St. Andrew at Rochester" English Historical Review p. 291Smith "Early Community of St. Andrew at Rochester" English Historical Review p. 292.
Un documento que pretende ser do rei Aethelberht, datado o 28 de abril de 604, sobrevive no Textus Roffensis, así como unha copia baseada no Textus do Liber Temporalium do século XIV. Está escrito principalmente en latín, pero emprega unha cláusula fronteiriza en inglés antigo, e recolle a concesión de terras próximas á cidade de Rochester para a igrexa de XustoMiller New Regesta Regum Anglorum: Sawyer 1 Campbell Charters of Rochester p. c. Entre as testemuñas atópase Lourenzo, futuro sucesor de Agostiño, pero non se atopa o propio Agostiño. O texto pasa a dar conta de dous discursos distintos. No primeiro, Aethelberht amoesta ao seu fillo Eadbald, que se estableceu como sub-rexedor na rexión de Rochester. A concesión mesma diríxese directamente a santo André, patrón da igrexa, unha fórmula empregada paralelamente noutros documentos no mesmo arquivoMorris Arthurian Sources vol. ii p. 90Levison England and the Continent pp. 223–225.
O historiador Wilhelm Levison, en 1946, mostrábase escéptico acerca da autenticidade deste documento. En concreto, cría que os dous discursos separados eran incongruentes, e suxeriu que o primeiro, que aparecía antes do preámbulo, podería ser introducido por alguén próximo a Beda para dar conta da futura conversión de Eadbald. Unha valoración máis recente e positiva de John Morris suxire que o documento e a súa lista de testemuñas son auténticos xa que inclúe títulos e terminoloxía que xa pasara de moda no ano 800Morris Arthurian Sources vol. ii pp. 97–98..
Sábese que Aethelberht construíu unha catedral para el en Rochester, polo que os cimentos dunha nave e o presbiterio situados parcialmente baixo da Catedral de Rochester actual poderían datar desa época. O que queda dos cimentos dun edificio rectangular, preto da parte sur da catedral moderna, poderían ser tamén restos arquitectónicos contemporáneos de Xusto, ou quizais parte dun edificio romano.
Xusto asinou unha carta xunto a Melito, bispo de Londres, escrita polo arcebispo Lourenzo de Canterbury aos bispos irlandeses, instando á igrexa nativa a adoptar o método romano para calcular a data de PascuaStenton Anglo-Saxon England p. 112. Aínda que a carta non sobreviviu, Beda cita partes da mesmaHigham Convert Kings pp. 138–139.
En 614 asistiu ao concilio de París, organizado polo rei franco Clotario II. Non está claro por que Xusto e Pedro, abade de San Pedro e San Paulo en CanterburyEste último renomeado a Abadía de Santo Agostiño., estaban presentes; puido ser o azar, pero o historiador James Campbell suxeriu que Clotario convocou ao clero de Gran Bretaña a asistir nun intento de reafirmar a súa autoridade sobre Kent. O historiador N. J. Higham ofrece outra explicación para a súa asistencia, sinalando que Aethelberht mandou a ambos ao concilio debido aos cambios na política franca en relación co reino de Kent, que ameazaban a súa independencia, polo que os dous membros do clero serían enviados para negociar un acordo con Clotario. O concilio provocou a redacción do edicto de Clotario, un importante instrumento legal do período merovinxio da historia de Francia e un fito no desenvolvemento da monarquía francesa. Aethelberht tamén promulgou un código de leis inspirado no edicto e probabelmente influenciado polos dous misioneirosWood "Mission of Augustine of Canterbury" SpeculumCampbell "First Century of Christianity" Essays in Anglo-Saxon History p. 56Higham Convert Kings p. 116Murray, Alexander Callander (1994). "Immunity, Nobility, and the Edict of Paris," Speculum, 69(1), 18–39.Higham Convert Kings pp. 115–117.
Tras a morte de Aethelberht en 616, xurdiu unha reacción pagá en contra do cristianismo, obrigando a Xusto e Melito a fuxir á Galia. Ambos probabelmente se refuxiaron con Clotario, esperando que o rei franco interviñese e os restituíse aos seus postos, o que fixo efectivo en 617, sendo Xusto restituído no seu bispado polo novo rei. Melito tamén regresou a Inglaterra, pero a atmosfera pagá reinante non lle permitiu retornar a Londres; tras a morte de Lourenzo, Melito converteuse no arcebispo de CanterburyLapidge "Mellitus" Blackwell Encyclopedia of Anglo-Saxon England. Segundo Beda, Xusto recibiu cartas de ánimo do papa Bonifacio V (619–625), do mesmo xeito que Melito, aínda que Beda non inclúe na súa obra o texto das mesmas cartas. O historiador J. M. Wallace-Hadrill cre que ambas as cartas eran mensaxes de ánimo para os misioneirosWallace-Hadrill Beda's Ecclesiastical History pp. 64–65.
Arcebispo miniatura|Igrexa de San Martiño e cemiterio en Canterbury. Xusto converteuse en arcebispo de Canterbury en 624, recibindo o seu palio, símbolo da xurisdición confiada aos arcebispos, do papa Bonifacio V, tras o cal consagrou a Romano como o seu sucesor en Rochester. Bonifacio tamén lle entregou unha carta felicitándoo pola conversión do rei «Aduluald» (probabelmente o rei Eadbald de Kent), carta que se inclúe na Historia ecclesiastica gentis Anglorum de Beda. Beda relata que foi Lourenzo, o seu predecesor en Canterbury, o que converteu ao rei Eadbald ao cristianismo, pero o historiador D. P. Kirby argumenta que as referencias da carta a Eadbald fan que sexa máis probábel que se tratase de Xusto. Outros historiadores, incluíndo a Barbara Yorke e Henry Mayr-Harting, conclúen que a versión de Beda é correcta e que Eadbald foi convertido por Lourenzo. Yorke argumenta que houbo dous reis de Kent durante o reinado de Eadbald, Eadbald e Aethelwald, e que este último é o "Aduluald" ao que se refire Bonifacio. Yorke tamén argumenta que Xusto converteu a Aethelwald ao cristianismo tras a morte de AethelberhtOs expertos modernos non se dan posto de acordo na forma de interpretar isto: "Aduluald" podería interpretarse como unha representación de "Aethelwald", e, polo tanto, podería ser indicativo da existencia doutro monarca, se cadra un rei auxiliar de Kent occidental (así Yorke) ou podería ser simplemente un erro dun escribente e referíase a Eadbald (Kirby, Earliest English Kings, páx. 39).Kirby Earliest English Kings pp. 31–32Kirby Earliest English Kings p. 33Mayr-Harting Coming of Christianity pp. 75–76Yorke Kings and Kingdoms p. 32.