O termo Fariña pode referirse a:
A fariña, po que se obtén ao moer os grans de certos cereais, quitándolles o farelo ou relón; A fariña, referíndose coloquialmente á cocaína, substancia que se extrae das follas da coca e que é usada como narcótico ou en anestesias; Fariña (2015), libro do xornalista coruñés Nacho Carretero, sobre o narcotráfico en Galicia; Fariña, serie de televisión estreada en 2018 en Antena 3, baseada no texto anterior.
Amais, como apelido, pode referirse a:
Herminia Fariña Cobián (Santiago de Compostela 1904 - 1966) escritora; Ramón Fariña Cobián, alcalde de Gondomar, irmán da anterior; Luciano Fariña Couto (Cambados 1916-2011), especialista en heráldica, membro do SEG: Francisco L. Fariña Busto (Ourense 1949), arqueólogo e museólogo, fillo do anterior; Luciano Fariña Busto (Cambados 1945 - 2014), avogado e auditor, fillo do anterior. Luís Fariña Couto (nado en Cambados), falanxista e político galego, irmán do anterior; Xosé Fariña Jamardo (Caldas de Reis 1919 - 2008), escritor especialista en administración local.
Véxase tamén Outros artigos
A Farixa, lugar da parroquia de San Cibrao das Viñas, no concello de San Cibrao das Viñas.