Troilo (en grego antigo Τρωίλος Tróilos, en latín Troilus) é un personaxe lendario que aparece nos relatos da Guerra de Troia polo menos desde a época homérica.

Na mitoloxía clásica é un mozo príncipe troiano, fillo de Príamo (ou nalgunhas fontes de Apolo) e Hécuba. O seu destino foi ligado por unha profecía ao da cidade, polo que Aquiles lle tendeu unha emboscada e matouno. miniatura|Aquiles agarda emboscado a Troilo. Detalle dunha copa laconia de figuras negras. Ca. 550 – 540 a. C., Museo do Louvre).

Nas versións medievais e renacentistas da lenda, Troilo é o menor dos cinco fillos lexítimos de Príamo con Hécuba, o suficientemente maior como para ser un dos principais xefes dos troianos na batalla. Nun engadido popular á súa historia orixinario do século XII, Troilo namorábase de Crésida, cuxo pai desertara do bando grego. Crésida prometíalle o seu amor, pero cando é enviada polo seu pai a un intercambio de reféns, os seus sentimentos cambian pronto cara ao heroe grego Diomedes. Tanto Chaucer como Shakespeare atópanse entre os autores que escribiron obras sobre este tema.

Tras o século XVII, Troilo perdeu importancia como personaxe literario. Con todo, reapareceu en versións da Guerra de Troia escritas nos séculos XX e XXI. miniatura|Troilo e Crésida nos xardíns de Pándaro, por Valentine Walter Bromley. A historia de Troilo na antigüidade Aínda que é só un episodio dun relato que abarca varias décadas, a morte de Troilo ten un papel estrutural dentro do ciclo troiano de oito poemas da época arcaica grega que xuntos narran a lenda da Guerra de Troia. O destino de Troilo presaxia as subseguintes mortes do seu asasino, Aquiles, o seu sobriño Astianacte e a súa irmá Políxena. A importancia simbólica adicional do personaxe queda en evidencia coa análise lingüística do seu nome grego, «Troilo», que pode interpretarse como unha elisión dos nomes «Tros» e «Ilo» (que foron os lendarios fundadores de Troia), como un hipocorístico (‘pequeno Tros’), ou mesmo como procedente de «Troië» (‘Troia’) e do verbo «lyö» (‘destruír’). Sexa cal for a auténtica etimoloxía, os antigos gregos verían estas múltiples posibilidades como acentuadoras do vínculo profético entre os destinos de Troilo e da cidade na que viviuBoitani (1989)..

Non se conserva ningunha fonte antiga que recolla a historia completa de Troilo tal como existiu nos períodos arcaico e clásico da antiga Grecia. A maioría das fontes literarias prehelénicas que aluden ao personaxe e todas as que incluían un relato detallado perdéronse ou sobreviven só en fragmentos ou resumos. As fontes escritas posteriores contradinse a miúdo entre si e non sempre coinciden coa forma que os investigadores modernos cren que o mito tería en tempos anteriores. miniatura|Troilo e Políxena foxen da emboscada de Aquiles. Kílix ática de figuras negras, c. -570/-565, Museo do Louvre (CA 6113). Advírtase que hai dous cabalos moi xuntos, como resulta evidente ao examinar as patas. A historia das circunstancias da morte de Troilo foi con todo un tema popular entre os antigos pintores de cerámica e outros artistas plásticos dos períodos arcaicos e clásicoNo sitio web do Arquivo John Beazley detállanse 108 obxectos de cerámica ática só dos séculos -VI a -IV que conteñen imaxes de Troilo.. As dúas principais referencias académicas respecto diso analizaron tanto as fontes literarias como as pictóricas para lograr comprender a historia de Troilo e as variantes que existiron na época antigaA sección «Troilo e Licaón» de Gantz (1883), pp. 597-603, e o capítulo «Antigüidade e máis alá: A morte de Troilo» de Boitani (1989), pp. 1-19..

O mito estándar: Troilo asasinado Troilo era un raparigo ou efebo, fillo de Hécuba, raíña de Troia. Debido á súa excepcional beleza críase que era fillo de Apolo en lugar do marido de Hécuba, Príamo, aínda que este o trataba con agarimo.

As profecías ataban o destino de Troilo ao da propia Troia. Así, pouco despois de iniciada a guerra, Aquiles foi animado por Atenea a cazar ao raparigo. O mozo príncipe adoitaba montar a cabalo, así que Aquiles emboscou a Troilo e á súa irmá Políxena nunha fonte preto do templo de Apolo en Timbra, unha rexión xusto nos arredores de Troia. Aquiles quedou asombrado pola beleza dos dous mozos troianos, quen fuxiron. Foi Troilo a quen Aquiles o dos pés veloces logrou atrapar, baixándoo do seu cabalo polo peloEste epíteto homérico é seleccionado para este contexto en March (1999)..

Dalgunha forma Troilo logrou escapar do acoso sexual de Aquiles e fuxiu ao interior do templo. Pero o guerreiro seguiuno até alí, matándoo coa súa espada e mutilando o corpo antes de que puidese chegar axuda ningunha. A dor dos troianos pola morte de Troilo foi enorme. Máis tarde Apolo vingaríase do asasino.

Fontes literarias que apoian o mito estándar

Homero e os textos perdidos dos períodos arcaico e clásico A referencia literaria máis antiga conservada referente a Troilo aparece na Ilíada de Homero. Mentres Príamo reprende aos seus fillos sobreviventes compáraos desfavorabelmente cos que morreron, incluíndo a hippiocharmênA interpretación desta palabra é controvertida, como se explica en «Troilo como segundo Héctor, baluarte de Troia». Para o propósito da versión do mito dada nesta sección, considerarase que ten o significado de ‘amante dos cabalos’. TroiloHomero, Ilíada xxiv.257..

Crese que o nome de Troilo non foi inventado por Homero e que xa existía unha versión anterior da súa historia. A súa morte era descrita na Cipria, unha parte do ciclo troiano hoxe perdida que cubría os sucesos anteriores á Guerra de Troia e a primeira parte desta. Si se conserva un antigo resumo do seu contido atribuído a Eutiquio Proclo, que no fragmento 1 menciona que Aquiles matou a Troilo, sen dar máis detalles.

Os antigos dramaturgos Frínico e Sófocles escribiron senllas obras tituladas Troilos, atribuíndose ademais ao cómico Estratis a autoría dunha parodia. Do considerados nove poetas líricos dos períodos arcaico e clásico, Estesícoro puido aludir á historia de Troilo na súa Iliupersis, e tamén se supón que Íbico escribiu con detalle sobre o personaxe. Todo o que se conserva destes textos son pequenos fragmentos ou resumos e referencias doutros autores.Discútese sobre estes textos en Boitani (1989) ou Gantz (1989). Isto significa que carecemos dos extensos relatos que narraban a historia de Troilo completa tal como existiron na época prehelénica.

A Alexandra O primeiro texto conservado que contén máis que unha breve mención a Troilo é un poema helenístico do século -III: a Alexandra de Licofrón, un poema formado polos crípticos desvaríos proféticos de Casandra:Esta pasaxe é explicada no escolio do escritor bizantino Xoán Tzetzes como unha referencia a Troilo buscando evitar o asalto sexual de Aquiles para o que busca refuxio no templo do seu pai Apolo. Cando refusa saír, Aquiles entra e mátao sobre o altarOs comentarios de Tzetzes non son facilmente accesíbeis, pero referéncianse ou discuten en Gantz (1993), Graves (1955) e Boitani (1989).. Así pois, Troilo é mozo, popular e fermoso, ten ascendencia divina e foi decapitado por rexeitar ao seu amante grego (Aquiles) e, para Homero, ten relación cos cabalos. A referencia a el como un «cachorro de león» indica a perda dun gran potencial.

Outras fontes Non existe outra pasaxe extensa sobre Troilo anterior á época de Augusto, cando xurdiron outras versións da historia do personaxe. As fontes conservadas compatíbeis co mito estándar son as seguintes: Ascendencia. Apolodoro enumera a Troilo como último dos fillos de Príamo e Hécuba, un detalle adoptado na tradición posterior, pero engade entón que se dicía que foi procreado por ApoloApolodoro de Atenas, Biblioteca mitolóxica iii.12.5.. Mocidade. Un antigo dicionario revela que Sófocles chamou a Troilo andropais, é dicir, un raparigo a piques de converterse en homePasaxe dispoñíbel na edición de Loeb dos fragmentos de Sófocles.. Horacio salienta a mocidade de Troilo chamándolle inpubes (‘sen pelo’, é dicir, prepúber ou, figuradamente, non o suficientemente maior como para levar armas)Horacio, Odas xx.9.13-16.. Dión Crisóstomo ridiculiza a Aquiles no seu discurso troiano, queixándose de que todo o que o suposto heroe lograra antes de Homero foi a captura de Troilo, que era un nenoDión Crisóstomo, Discursos xi.91. Este discurso é un intento por demostrar que Troia nunca caíu.. Profecías. O Primeiro Mitógrafo Vaticano menciona unha profecía segundo a cal Troia non sería derrotada se Troilo chegaba á idade de vinte anosMitógrafo Vaticano i.120.. Plauto conta que a morte de Troilo é unha das tres condicións que debían darse antes de que Troia puidese ser derrotadaPlauto, As dúas báquides 953-954.. Beleza. Íbico, tratado de encomiar ao seu mecenas, compárao con Troilo, o máis fermoso dos gregos e os troianosÍbico, Polícrates l.41-45.. Dión Crisóstomo tamén fala de Troilo como epítome dun tipo específico de belezaDión Crisóstomo, Discurso XXI: Sobre a beleza.. Obxecto de amor pederasta. Un fragmento de Frínico alusivo a Troilo fala de «a luz do amor brillando nas súas fazulas coloradas»Frínico 3 fr. 13 Sn.. Servio, no seu escolio da pasaxe de Virxilio discutido máis abaixo, di que Aquiles atrae a Troilo cara a el cun agasallo de pombas. Troilo morre entón no abrazo do grego. Robert GravesGraves (1955). interpreta isto como evidencia do vigor de Aquiles ao facer o amor, mentres Timothy GantzGantz (1993) p. 602. considera que o «como ou por que» da versión Servio non está claroO texto orixinal latino de Servio pode consultarse no Perseus Project.. Lugar da morte. Un comentarista sobre Íbico di que Troilo foi asasinado por Aquiles na rexión de Timbra nos arredores de TroiaGantz (1993).. Outro fragmento de Sófocles sinala que Troilo estaba a ir a unha fonte cun compañeiro para buscar auga ou abeberar aos seus cabalosSófocles, fragmento 621.. Apolodoro di que Aquiles preparou unha emboscada a Troilo dentro do templo de Apolo TimbreoApolodoro, Epítome á Biblioteca iii.32 .Gantz (1993) esfórzase en dar sentido ao que considera un material contraditorio, especulando con que a emboscada na fonte e o sacrificio no templo sexan dúas versións diferentes da historia ou, alternativamente, con que Aquiles levase a Troilo ao templo para sacrificalo como insulto a Apolo.. Mutilación. Un último fragmento de Sófocles sinala que Troilo non só foi decapitado, senón que o seu cadáver foi ademais mutilado cun método coñecido como mascalismo, que incluía a amputación das extremidades para atalas baixo as axilas, de forma que se evitase que a pantasma da vítima asasinada volvese para perseguir ao seu asasinoSófocles, fragmento 623.. Loito. A dor dos troianos e especialmente da súa familia pola morte de Troilo parece ser epitomizado como loito pola morte dun neno na civilización clásica. Horacio, CalímacoCalímaco, fragmento 363, citado por Cicerón na seguinte referencia. e CicerónCicerón, Disputacións tusculanas i.39.93. aluden a el desta formaHoracio, Odas ii.ix.13-16..

Arte antiga e fontes gráficas miniatura|Aquiles presto a perseguir a Troilo e Políxena. Kílix ática de figuras negras, c. -570/-565, Museo do Louvre (CA 6113). O outro lado deste vaso mostrando a fuxida dos troianos móstrase máis arriba. Na arte grega antiga presente en pezas cerámicas e outros restos aparecen con frecuencia tres escenas relacionadas con Troilo.