Andrés Goteira, nado en Meira en 1983, é un director, realizador e guionista galego. É o cofundador de Gaitafilmes.

Traxectoria Estudou Enxeñaría Técnica de Telecomunicacións pola Universidade de Vigo e Técnico de Son da Escola de Imaxe e Son da Coruña.

A súa primeira longametraxe, Dhogs, estreouse no Festival Internacional de Cine Independente de Buenos Aires (BAFICI) o 19 de abril de 2017, competindo dentro da sección Vangarda e Xénero deste certame. Trátase do primeiro filme rodado en galego que se estrea no festival de Sitges, o 9 de outubro de 2017. Gañou 13 das 17 candidaturas ás que optaba nos Premios Mestre Mateo 2017, gañando os premios a mellor longametraxe, guión e dirección. Ademais, foi premiada pola súa dirección de fotografía, dirección de arte, montaxe, música orixinal, son, dirección de produción, interpretación masculina protagonista e secundario e interpretación feminina protagonista e secundario.

Filmografía Dhogs (2017) Welcome to ma maison (2021) Monstro (en desenvolvemento)

Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Filme Resultado2017Mellor directorDhogs GañadorMellor guiónDhogs GañadorMellor montaxeDhogs Gañador

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Nados en Meira Categoría:Nados en 1983 Categoría:Directores de cinema de Galicia Categoría:Personalidades do audiovisual galego Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Premio Mestre Mateo á mellor dirección