Aldara Álvarez García, nada en Vigo en 1995, é unha debuxante galega máis coñecida polo nome artístico Anémona de Río. É a autora de Tam, o primeiro manga galego.

Traxectoria Formouse na escola profesional de banda deseñada e ilustración O Garaxe Hermético. No último curso do Garaxe Hermético creou Tam, a personaxe protagonista da súa primeira obra publicada, que levou o Premio Fin de Curso 2017. Tam foi publicado por Retranca Editora en febreiro de 2018, e conta a historia dunha moza que recibe unha invitación para participar nunha cea de antigos estudantes. Segundo Fervenzas Literarias, Tam foi o quinto mellor libro de banda deseñada en galego do ano 2018.

En decembro de 2019, converteuse na primeira gañadora do Premio O Garaxe Hermético de banda deseñada pola obra A proba de auga. Edicións Xerais publicou a obra na primavera de 2020.

Obra Tam (2018) A proba de auga (2020)

Notas

Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1995 Categoría:Personalidades da banda deseñada de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes