Takekazu Asaka (en ), nado en Tokyo en 1952, é un lingüista e profesor xaponés. Traduciu ó xaponés obras de autores en lingua galega e elaborou a primeira gramática galega para nipóns. Defínese a si mesmo como "embaixador da cultura galega no Xapón". En 2024 foi nomeado académico de honra da Real Academia Galega. Traxectoria
miniatura|dereita|Cantares gallegos, Tokyo.
É profesor de Filoloxía Románica da Universidade de Tsudajuku, en Tokyo. Coñeceu Galicia por vez primeira en 1989 para participar no XIX Congreso Internacional de Filoloxía e Lingüística Románica, e dende que coñeceu a lingua e a cultura galegas converteuse no seu gran defensor. É profesor en Tokyo de gramática española e impartiu cursos de lingua e cultura galegas. Tamén é o responsable de organizar en Tokyo, e noutras cidades, ciclos de música e poesía galegas para celebrar o Día das Letras Galegas.
Entre xuño de 2017 e xuño de 2024 foi membro correspondente da Real Academia Galega (RAG), en recoñecemento ao seu traballo. O 6 de xuño de 2024 foi nomeado membro de honra pola RAG.
En 2002 traduciu ó xaponés Cantares gallegos de Rosalía de Castro, publicado por DTP Publishing. En 2014, traduciu ó xaponés Contos da miña terra da mesma autora, con prólogo de María do Carmo Ríos Panisse e un CD coa lectura do texto, editado por DTP Publishing.: "Contos da miña terra", con limiar de e prólogo de en No ano 2017 publicou unha edición bilingüe de Os Eidos de Uxío Novoneyra.
Durante a pandemia de COVID-19 elaborou a tradución de tres obras clásicas da literatura galegaː A rosa de cen follas e As Romaxes da Franqueira de Ramón Cabanillas, e a Introdución ás Cantigas de Santa María, de Afonso X O Sabio, coas que pretendía "unir e achegar a cultura galega e a xaponesa", e que foron presentadas en 2022. Tamén produciu un CD musical para homenaxear A rosa de cen follas, con cancións interpretadas pola soprano Miho Haga e a pianista Rika Nishikawa.
En 2024 foi nomeado académico de honra da Real Academia Galega nun acto celebrado en Cambados.
Obra Gramática do galego moderno (bilingüe xaponés-galego). (1993) Tokyo: Daigakusyorin. (195 páxinas; ISBN 4-475-01807-2) Guía de conversación en galego (1994) Vocabulario básico da lingua galega. (1996) Tokyo: Daigakusyorin. ISBN 4-475-01231-7. (As primeiras 122 páxinas son un índice galego-castelán-xaponés. Despois da 158 prosegue coas equivalencias castelán-galego e até o final do libro coas xaponés-galego. Na presentación afirma conter 2600 equivalencias) Cantares gallegos de Rosalía de Castro (traducido ó xaponés en 2002). DTP Publishing. Cantata a Ramón Cabanillas (2013) Contos da miña terra de Rosalía de Castro (traducido ó xaponés en 2014) Xograr Martín Codax (2015) Nova gramática do galego (2017) Os Eidos, de Uxío Novoneyra (edición bilingüe galego-xaponés en 2017) A rosa de cen follas (traducido ó xaponés en 2019) As Romaxes da Franqueira, de Ramón Cabanillas (edición bilingüe galego-xaponesa en 2022) Introdución ás Cantigas de Santa María, de Afonso X O Sabio (edición bilingüe gallego-japonesa en 2022)
Recoñecementos
Premio Ramón Cabanillas de Tradución en 2017 polo seu labor de divulgación da lingua e da literatura galegas. Premio Xela Arias 2024 xunto a Gabriel Álvarez Martínez. En xuño de 2017 foi nomeado académico correspondente da Real Academia Galega en recoñecemento do seu traballo. O 28 de outubro de 2023 foi nomeado membro de honra da RAG.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1952 Categoría:Nados en Tokyo Categoría:Galicianistas Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Tradutores do galego Categoría:Membros de honra da Real Academia Galega Categoría:Tradutores do Xapón Categoría:Tradutores ao xaponés