María Lama Trigo, nada en Vigo o 29 de marzo de 1980, é unha xornalista e locutora de radio galega. Deuse a coñecer ó público en xeral como copresentadora no morning show dos 40 Principales Anda ya xunto a Frank Blanco.
Traxectoria Licenciada en xornalismo, traballou na COPE, onde realizou as prácticas, a Cadena SER e nos 40 Principales.
Radio O seu expediente académico abriulle as portas para realizar as prácticas na Cadena SER para posteriormente pasar a formar parte dos seus servizos informativos. Cómpre salientar a súa participación nos programas “Hora 25” e “Hoy por hoy” cando eran dirixidos, respectivamente, por Carlos Llamas e Iñaki Gabilondo.
Deu o gran salto a Los 40 Principales cando se incorpora como copresentadora do programa morning show Anda Ya. En xullo de 2012 despediuse de Anda Ya e de Los 40 Principales e incorpórase como copresentadora do "morning show" Atrévete na emisora de pop español, Cadena Dial, tamén presentado por Frank Blanco. En setembro de 2013 volve de copresentadora a Anda Ya desta volta capitaneado por Xavi Rodríguez. Dende setembro de 2014 é a copresentadora do programa de radio de Mediaset, MorninGlory xunto a Álvaro de la Lama.
O 11 de xaneiro de 2016 comeza unha nova etapa en Kiss FM (España) como presentadora do espazo "Las Mañanas Kiss" xunto ao seu antigo compañeiro Xavi Rodríguez.
Televisión En xuño de 2014 uniuse ao programa de Cuatro Todo va bien como colaboradora. O programa foi emitido no access prime time de luns a venres ás 21:30 e presentábao Xavi Rodríguez e Edurne. Dende 2016, colabora no programa Zapeando na Sexta.
En 2016 colaborou no programa Zapeando en La Sexta.
Notas
Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Xornalistas radiofónicos de Galicia Categoría:Xornalistas de Vigo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes