A Gran Pirámide de Gizeh é a máis vella e a única que sobrevive das sete marabillas do mundo. Os exiptólogos aceptan que a pirámide se construíu nun período de 20 anos, rematando ao redor do 2560 a.n.e.; hai un consenso grande de que a pirámide servía como tumba do faraón exipcio Queops (Khufu) da IV dinastía, polo que ás veces aparece coa denominación de Pirámide de Cheops. Considérase a Hemiunu como o arquitecto da pirámide. A Gran Pirámide, a maior das 80 de Exipto, está constituída por ao redor de 2 600 000 bloques de pedra cun peso medio de 2,5 toneladas por bloque,Construcción de la Gran Pirámide. Egiptologia.com. aínda que algúns deles chegan ata as 60 toneladas de peso.Cinco datos sorprendentes sobre las pirámides de Guiza. www.20minutos.es. Orixinalmente, estaba recuberta por uns 27.000 bloques de pedra branca calcaria puídos, creando así catro caras perfectamente lisas que reflectían os raios do sol. Os turcos otománs utilizaron o revestimento da pirámide para construír diversas edificacións no Cairo. A Gran Pirámide foi a estrutura máis alta realizada polo ser humano ata a construción da Torre Eiffel en 1889.

Cámaras e pasaxes interiores

Sección Sur-Norte Acceso orixinal, na cara Norte, actualmente obstruído Acceso actual, ordenado abrir por Al-Mamun Bloques de granito, selando o acceso á pasaxe superior Pasaxe que comunica coa Cámara subterránea Cámara subterránea Pasaxe de acceso á Gran Galería Cámara da Raíña Pasaxe que comunica coa Cámara da Raíña Gran Galería Cámara do Rei e cámaras de descarga Antecámara Pasaxe perforada que comunica coa Gran Galería e a Cámara subterránea 7-10 Canais de ventilación 425px|Sección Sur-Norte.

Imaxes do interior

Notas

Véxase tamén Outros artigos Gizeh Grande Esfinxe de Gizeh Necrópole de Gizeh

Categoría:Pirámides exipcias Categoría:Sete marabillas do mundo