Paul Pietsch nado en Friburgo o 20 de xuño de 1911 e finado en Titisee-Neustadt o 31 de maio de 2012 foi un piloto, xornalista e editor alemán, fundador da revista Das Auto.Glückwunsch zum 100. Geburtstag - ADAC Motorwelt 6/2012 p12

Traxectoria Comezou a súa carreira de piloto en 1932 cun Bugatti e un Alfa Romeo privados. Competindo cun Alfa Romeo, gañou a carreira sobre xeo III Svenska Isloppet GP de 1933 en Hemfjärden, e a carreira I Vallentunaloppet sobre xeo en Vellentunasjön de 1934, ambas en Suecia.

No Gran Premio de Alemaña de 1935 correu para Auto Union, e rematou en terceiro lugar no Gran Premio de Italia de 1935 antes de deixar o equipo cos seus motores traseiros de difícil manexo. De 1937 en diante participou cun Maserati privado. Os seus mellores momentos foron no Gran Premio de Alemaña de 1939 que liderou desde a segunda volta ata que fallou a ignición, facéndoo caer ao terceiro posto, que aínda así foi un excelente resultado para un privado contra a forza dominante das frechas de prata.

Despois da guerra, participou en tres Grandes Premios do Campionato Mundial, debutando o 3 de setembro de 1950. Pilotou un Alfa Romeo oficial no Gran Premio de Alemaña de 1951 que terminou cun accidente. Non logrou puntos de campionato.

Nese momento, Pietsch foi xa era un editor de éxito de revistas de motos e automóbiles. A súa empresa, Motor Presse Stuttgart, é a máis grande do mercado europeo de revistas de tecnoloxía e temas especializados.

Desde a morte do seu compatriota Karl Kling en 2003 ata a súa propia morte, Pietsch foi o máis antigo piloto de Fórmula Un vivo. Cunha idade de 100 anos foi o último piloto supervivente da era pre-guerra dos grandes premios. O seu fillo Peter-Paul Pietsch corre moitas veces en carreiras en Nürburgring con compañeiros xornalistas.

O 31 de maio de 2012, Pietsch morreu de pneumonía a idade de 100 anos, 11 meses e 11 días Pietsch foi tamén o primeiro piloto que participou nun Gran Premio que chegou aos 100 anos.

Rexistro de carreiras Resultados completos no campionato de Europa (clave) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en italica indican volta rápida) Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 Pos. Pts 1932 Pilesi Racing Team Bugatti T35B Bugatti 2.3 L8 ITA FRA ALE 22º 23 1935 Auto Union AG Auto Union B Auto Union 5.0 V16 MON FRA BEL ALE SUI11Como co-piloto, Pietsch non era elixible para puntuar no campionato ITA ESP 15º 47 1937 P. Pietsch Maserati 6C-34 Maserati 3.7 L6 BEL ALE MON SUI ITA 17º 35 1938 P. Pietsch Maserati 6CM Maserati 1.5 L6 FRA ALE SUI ITA 14º 28 1939 Officine A. Maserati Maserati 8CTF Maserati 3.0 L8 BEL FRA ALE 14º 26 P. Pietsch Maserati 4CL Maserati 1.5 L4 SUI

Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 Pos. Pts Paul Pietsch Maserati 4CLT/48 Maserati 4CLT 1.5 L4s GBR MON 500 SUI BEL FRA ITA NC 0 Alfa Romeo SpA Alfa Romeo 159 Alfa Romeo 158 1.5 L8s SUI 500 BEL FRA GBR ALE ITA ESP NC 0 Motor Presse Verlag Veritas Meteor Veritas 2.0 L6 SUI 500 BEL FRA GBR ALE NED ITA NC 0

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en 1911 Categoría:Nados en Friburgo, Alemaña Categoría:Finados en 2012 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Alemaña Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Alfa Romeo