Mother! (estilizado como mother!) é un filme estadounidense de 2017 dirixido por Darren Aronofsky. Está protagonizado por Jennifer Lawrence, Javier Bardem, Ed Harris e Michelle Pfeiffer. Conta a historia dunha muller nova cuxa vida nunha casa de campo ó carón do seu home é interrompida pola chegada dunha misteriosa parella.
Mother! foi escollido para competir polo León de Ouro no Festival Internacional de Cine de Venecia, e estreouse o 5 de setembro de 2017. Foi estreado nos Estados Unidos o 15 de setembro de 2017 por Paramount Pictures, e recadou $44,5 millóns en todo o mundo. Malia que foi recibido con boas críticas, as súas alegorías bíblicas e a representación da violencia xeraron moita controversia.
Personaxes Jennifer Lawrence como nai Javier Bardem como El Ed Harris como home Michelle Pfeiffer como muller Domhnall Gleeson como fillo máis vello Brian Gleeson como fillo máis novo Kristen Wiig como heraldo Jovan Adepo como copeiro Stephen McHattie como fanático Amanda Warren como curadora Laurence Leboeuf como doncela
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Darren Aronofsky Categoría:Filmes rodados en Montreal Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes de terror relixioso