miniatura|dereita|O rei Eduardo I de Inglaterra aprobou o estatuto en 1275. O Estatuto da Xudería (en ) foi un estatuto emitido por Eduardo I de Inglaterra en 1275. Impuxo unha serie de restricións sobre osxudeus de Inglaterra, sendo máis notable a prohibición da práctica da usura.Prestwich, Michael. Edward I p 345 (1997) Yale University Press. .

Contexto miniatura|dereita|150px|Xudeus medievais obrigados a levar un sombreiro especial. Desde o momento da conquista normanda, os xudeus foran enchendo un pequeno pero importante papel na economía inglesa. A Igrexa católica prohibiu aos cristiáns a práctica da usura, pero os xudeus foron autorizados para actuar como prestamistas e banqueiros. Esta posición permitiu que algúns xudeus acumularan gran riqueza, pero tamén lles valeu a inimizade do pobo inglés,Rubenstein, W.D. A History of the Jews p 36 (1996) Macmillan Press. .  o que supuxo o aumento dos sentimentos antisemitas da época, debido ao xeneralizado endebedamento e ruína financeira entre a poboación.

Cando Eduardo I volveu das Cruzadas en 1274, dous anos despois do seu ascenso ao trono de Inglaterra, descubriu que a terra se convertera nunha mercadoría, e que moitos dos seus súbditos quedaran desposuídos dela e estaban en perigo de miseria. Os xudeus negociaron coa terra a cambio de diñeiro, e as distintas propiedades da poboación quedaban hipotecadas aos prestamistas xudeus.

Como súbditos directos do monarca, os xudeus podían ser obrigados a pagar tributo de xeito indiscriminado. Algúns describiron a situación como unha usura indirecta: o monarca permitía e fomentaba entre os xudeus a práctica da usura e despois impoñíalles impostos sobre os seus os beneficios. Nos anos previos á aprobación do Estatuto, Eduardo estableceu fortes tributos aos xudeus para axudar a financiar as súas campañas militares en Gales, que comezaron en 1277. Segundo os estudos realizados, suxeriuse que o rei xa esgotara os recursos financeiros da comunidade xudía cando o estatuto quedou aprobado en 1275.

Disposicións A usura foi prohibida en calquera forma. Os debedores dos xudeus quedaban liberados de determinadas débedas. Os xudeus non estaban autorizados a vivir no exterior de certas cidades e vilas. Calquera xudeu por riba da idade de sete anos tiña que usar un distintivo amarelo de feltro na súa roupa exterior, de 6x3 polgadas. Todos os xudeus maiores aos 12 anos tiñan que pagar un imposto anual especial de tres peniques. Os cristiáns tiñan prohibido vivir entre os xudeus. Os xudeus foron licenciados para mercar terras para facer a súa vida durante os seguintes 15 anos. Os xudeus poderían partir de aí para vivir en Inglaterra, mais só como comerciantes, agricultores, artesáns ou soldados. A licenza para mercar a terra foi incluída de xeito que a agricultura, xunto coa negociación, podería dar aos xudeus unha oportunidade para gañar a vida coa abolición da usura. Porén, outras disposicións xunto cos prexuízos xeneralizados fixo que a vida resultara difícil en moitos casos.Glassman, David. Anti-Semitic Stereotypes p 17 (1975) Wayne State University Press. .

Despois de quince anos, foi descuberto que os xudeus continuaban en segredo practicando amplamente a usura, o que levou a Eduardo a emitir o Edicto de expulsión en 1290.Parkes, James. The Jew in the Medieval Community p 394 (1976) Hermon Press. .

Notas

Véxase tamén Outros artigos Antisemitismo

Categoría:Historia dos xudeus en Inglaterra Categoría:Antisemitismo