Engracia Vérez Puentes, nada en Lousada (Xermade) o 23 de maio de 1901 en finada en Vilalba o 12 de maio de 1983,La Voz de Galicia, 14-5-1983, p. 82. foi unha mestra e escritora galega.

Traxectoria Estudou en Vilalba e na Coruña ata acadar o título de mestra de primeira ensinanza en 1919. Despois dunha breve estancia en Cabreiros, xa casada con Jenaro Carreira Penalonga, foi destinada a Vilarrube, onde residiu preto de sete anos, ata 1933, data do seu traslado a Vilalba. En Vilarrube naceron sete dos seus oito fillos (dous deles finaron na nenez). Na vella escola graduada de Vilalba exerceu a súa profesión durante 32 anos. Logo da súa xubilación e a do seu home dedicouse a viaxar. Os trazos predominantes na súa obra son a descontinuidade e o forzoso autodidactismo, o carácter pouco actual e a privacidade en que a mantivo. Non fixo esforzo ningún por publicar ata moi tarde, se se exclúen algúns poemas aparecidos entre 1955 e 1956 na revista Arquero de Barcelona. Non obtivo éxito cos editores galegos cos que contactou.

Notas

Véxase tamén Biografía

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Nados en Xermade Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1983 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes