Dame Gladys Constance Cooper, DBE, nada en Londres (Inglaterra) o 18 de decembro de 1888 e finada en Henley-on-Thames o 17 de novembro de 1971 foi unha actriz británica.
Traxectoria Cooper naceu no distrito de Lewisham. O seu pai foi Charles William Frederick Cooper e a súa nai Mabel Barnett. Tivo dúas irmás. Debutou no teatro en 1905 con Bluebell in Fairyland, mais non foi ata 1922 cando tivo o seu primeiro éxito con The Second Mrs. Tanqueray, de Arthur Wing Pinero. Interveu en Home and Beauty, de William Somerset Maugham, en Londres en 1919, e en The Letter, obra do mesmo autor, en 1927. O seu último grande éxito no teatro foi no papel de Mrs. St. Maugham en The Chalk Garden, de Enid Bagnold, un papel que representou en Londres e en Broadway. En 1967 traballou novamente en Londres nunha obra de Maugham, The Sacred Flame, e en 1971 volveu representar The Chalk Garden no Teatro Haymarket.
Ao principio da súa carreira teatral, foi criticada por ser estirada. Aldous Huxley rexeitou a súa actuación en Home and Beauty: «é demasiado impasible, demasiado ríxida, actuando todo o tempo como se fose Galatea, aínda desafeita aos modos dun mundo vivo». Porén, Maugham eloxiouna por «cambiar de ser unha actriz indiferente a unha extremadamente competente» mediante o seu sentido común e traballo.
Tamén tivo éxito en Hollywood nunha variedade de papeis de carácter e foi escollida con frecuencia para interpretar mulleres da aristocracia de xesto desaprobador. Interveu en Rebecca e foi candidata tres veces ao premio Oscar: pola patoloxicamente represiva madre de Bette Davis en A estraña pasaxeira, como unha monxa escéptica en The Song of Bernadette, e como Mrs. Higgins en My Fair Lady.
Entre os seus moitos traballos na televisión, protagonizou a serie The Rogues, xunto a David Niven, Gig Young, Robert Coote, John Williams e Larry Hagman. Por esta actuación gañou o Globo de Ouro en 1965. Tamén participou en tres episodios de The Twilight Zone.
Nos seus últimos anos volveu ao Reino Unido. Traballou xunto a Wendy Hiller e Leo Genn en The Sacred Flame, en Londres, en 1967, ano en que foi nomeada Dama Comandante (DBE) da Orde do Imperio Británico. Faleceu por unha pneumonía aos 82 anos en Henley-on-Thames, Inglaterra.
Filmografía AnoTítuloPersonaxeNotas1913 The Eleventh Commandment Edith Curtametraxe1914 Danny Donovan, the Gentleman CracksmanMrs. Ashworth Curtametraxe1916 The Real Thing at Last American Witch Curtametraxe1917 The Sorrows of Satan Lady Sybil Elton Masks and Faces Mabel Vane My Lady's Dress The Wife 1920 Unmarried 1921 Headin' North Madge Mullin 1922 The Bohemian Girl Arlene Arnheim 1923 Bonnie Prince Charlie Flora MacDonald 1934 The Iron DukeDuchess d'Angouleme1940 Rebecca Beatrice Lacy Kitty Foyle Mrs. Strafford 1941 That Hamilton Woman Lady Frances Nelson The Black Cat Myrna Hartley A Yank in the R.A.F. Mrs. Pillby Escenas eliminadasThe Gay Falcon Maxine Wood 1942 This Above All Iris Cathaway Eagle Squadron Aunt Emmeline A estraña pasaxeira Mrs. Henry Vale 1943 Forever and a Day Mrs. Barringer Mr. Lucky Captain Veronica Steadman Princess O'Rourke Miss Haskell The Song of Bernadette Sister Marie Therese Vauzou 1944 The White Cliffs of Dover Lady Jean Ashwood Mrs. Parkington Alice, Duchess de Brancourt 1945 The Valley of Decision Clarissa Scott Love Letters Beatrice Remington 1946 The Green Years Grandma Leckie Beware of Pity Mrs. Klara Condor The Cockeyed Miracle Amy Griggs 1947Green Dolphin Street Sophie Patourel The Bishop's Wife Mrs. Hamilton 1948 Homecoming Mrs. Kirby O pirata Aunt Inez 1949 The Secret Garden Mrs. Medlock Madame Bovary Mme. Dupuis 1951 Thunder on the Hill Mother Superior 1952 At Sword's Point Queen Anne 1955 The Man Who Loved Redheads Caroline, Lady Binfield 1958 Separate Tables Mrs. Railton-Bell 1962 The Twilight Zone, Episode 81 Wanda Dunn 1 episodio: Nothing in the Dark1963 The List of Adrian Messenger Mrs. Karoudjian Going My Way Mrs. Arnold Sedgewick 1 episodioThe Twilight Zone Millie McKenzie 1 episodio: Passage on the Lady AnnePygmalion Mrs. Higgins TelefilmeBurke's Law Harriet Richards 1 episodioThe Outer Limits Mrs. Palmer 1 episodio: The BoderlandThe Alfred Hitchcock Hour Mrs. Raydon 1 episodio: What Really Happened1964 My Fair Lady Mrs. Higgins The Alfred Hitchcock Hour Laura 1 episodio: Consider Her WaysThe Twilight Zone Elva Keene 1 episodio: Night CallThe Rogues Margaret St. Clair 25 episodios1965 Emergency – Ward 10 Sister McInnes 4 episodiosBen Casey Dr. Hagar Brandt 1 episodio1966 The Girl from U.N.C.L.E Mama Rosh 1 episodio: The Romany Lie Affair1967 The Happiest Millionaire Aunt Mary Adam Adamant Lives!Grand Duchess Vorokhov 1 episodio: Black EchoCallan Dr. Schultz 1 episodio: Goodness Burns Too Bright1969 A Nice Girl Like Me Aunt Mary 1970 The Great Inimitable Mr. Dickens Mrs. Ternan Telefilme1971 The Doctors Harriet Vey 8 episodios1972 The Persuaders! Grand Duchess Ozerov 1 episodio: The Ozerov Inheritance
Véxase tamén
Bibliografía Without Veils, por Sewell Stokes, introdución de Somerset Maugham, Peter Davis, Londres (1953). Gladys Cooper, por Sheridan Morley (1979) Ligazóns externas Gladys Cooper with children John and Joan en National Portrait Gallery Postais de Gladys Cooper en www.gladyscooper.com Interpretacións no arquivo Theatre Collection, Universidade de Bristol
Categoría:Actores de cinema de Inglaterra Categoría:Actores de teatro de Inglaterra Categoría:Actores de televisión de Inglaterra Categoría:Nados en Lewisham Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1971