Unha secuencia sinal de recombinación ou RSS (do inglés Recombination signal sequence) é unha secuencia conservada de ADN non codificante que é recoñecida polo complexo encimático RAG1/RAG2 durante a recombinación V(D)J en células B e T inmaturas. As secuencias sinal de recombinación guían o complexo encimático aos segmentos xénicos V, D e J que sufrirán a recombinación durante a formación das rexións variables das cadeas pesadas e lixeiras dos receptores de célula T e moléculas de inmunoglobulinas.

Estrutura

link=https://en.wikipedia.org/wiki/File:Heptamer_and_Nonamer_DNA_sequences.pdf|miniatura|Rexións altamente conservadas de secuencias de ADN heptámero e nomámero. As RSS están formadas por secuencias heptámero conservadas (de 7 pares de bases), secuencias espazadoras e secuencias nomámero conservadas (de 9 pares de bases), que están adxacentes ás secuencias V, D e J na rexión do ADN da cadea pesada e ás secuencias V e J da rexión do ADN da cadea lixeira. As secuencias espazadoras están localizadas entre as secuencias heptámero e nonámero e presentan unha secuencia de nucleótidos variada pero son sempre ou de 12 ou de 23 pares de bases de longo. A diferenza das secuencias espazadoras, as secuencias heptámero son xeralmente CACAGTG, e os primeiros tres nucleótidos están moi conservados. Os nonámeros son xeralmente ACAAAAACC, e os pares de bases A/T están tamén moi conservados. O complexo encimático RAG1/RAG2 segue a regra 12-23 cando une os segmentos V, D e J, que consiste en aparear o espazador de 12 pares de bases das RSS con outro espazador de 23 pares de bases. Isto impide que dous xenes diferentes que codifican a mesma rexión se recombinen (ex. recombinación V-V). As RSSs están localizadas entre os segmentos V, D e J da liña xerminal do ADN de linfocitos B e T en maduración e son eliminadas do produto ARNm de Ig final despois de que se completa a recombinación V(D)J.

Función

miniatura|O complexo encimático RAG1/RAG2 recoñece a secuencia heptámera que flanquea as rexións codificantes V e J e corta os extremos 5', liberando o tramo intermedio de ADN entre as rexións codificantes V e J. O complexo encimático RAG1/RAG2 recoñece as secuencias heptámeras que flanquean as rexións codificantes V e J e corta os extremos 5', liberando o tramo intermedio de ADN entre as rexións codificantes V e J. Na rexión de ADN que codifica a cadea pesada, o complexo encimático RAG1/RAG2 recoñece as RSS que flanquean os segmentos D e J e xúntaos, formando un bucle que contén o ADN situado en medio. Despois, o complexo RAG1/RAG2 introduce unha amosega no extremo 5' dos heptámeros da RSS adxacentes ás rexións codificantes dos segmentos D e J, eliminando permanentemente o bucle de ADN intermedio e creando unha rotura de dobre febra que é reparada polos encimas recombinases VDJ. Estre proceso repítese para unir V a DJ. No rearranxo da cadea lixeira, só se xuntan os segmentos V e J.

Trastornos e doenzas relacionadas

cRSS As RSS crípticas (cRSS) son secuencias xénicas que lembran auténticas RSS e son ás veces confundidas con elas polo complexo encimático RAG1/RAG2. Recombinar unha RSS cunha cRSS pode causar unha translocación cromosómica, o que pode orixinar un cancro.

Síndrome de Omenn

Algúns nenos nacidos con SCIDS autosómicas recesivas carecen de copias funcionais dos xenes que codifican o complexo encimático RAG1/RAG2 debido a algunha mutación de cambio de sentido. Estes nenos producen un complexo encimático RAG1/RAG2 non funcional que non pode recoñecer as RSS e, por tanto, non pode iniciar efectivamente a recombinación V(D)J. Este trastorno caracterízase pola falta de células B e T funcionais.

Notas

Categoría:Sistema inmunitario