RAG1 (ou Recombination activating 1HGNC RAG1 , activador da recombinación 1), tamén chamada RAG-1, é unha proteína que nos humanos esta codificada no xene RAG1 (xene activador da recombinación 1) do cromosoma 11.
A proteína codificada por este xene está implicada na activación da recombinación V(D)J das inmunoglobulinas. A proteína codificada está implicada no recoñecemento do substrato ADN, pero a actividade de clivaxe e unión estable tamén necesita de RAG2. O complexo RAG-1/2 recoñece a secuencia sinal de recombinación (RSS) que flanquea as rexións V, D e J no xene que codifica a rexión constante das cadeas pesada e lixeira dun anticorpo. O complexo únese ás secuencias sinal de recombinación e fai unha amosega no ADN. Isto orixina a eliminación da RSS e a unión final das secuencias V D e J. Os defectos neste xene poden ser a causa de varias doenzas.
Debido a estes efectos, a deleción do xene de rato Rag1 utilízase en modelos de ratos de enfermidades para alterar a maduración das células T e B, e eliminar funcionalmente células T e B maduras do sistema inmunitario.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Xene activador da recombinación RAG2
Categoría:Proteínas Categoría:Xenes do cromosoma 11