Carmen Menéndez González-Palenzuela, nada en Ferrol o 6 de xullo 1959, coñecida como Maru Menéndez, é unha sindicalista e política socialista española.

Traxectoria É filla dun militar, o capitán de navío Camilo Menéndez Vives, simpatizante do partido ultradereitista Fuerza Nueva e partícipe do golpe de estado do 23 de febreiro de 1981. Un tío-avó seu foi Camilo Menéndez Tolosa, ministro do Exército (1964-69) nun dos Gobernos do réxime franquista.

Licenciada en psicoloxía pola Universidade Complutense de Madrid. Funcionaria do Servizo Público Estatal de Emprego do Ministerio de Traballo. Escala Superior de Organismos Autónomos. Sindicalista da Unión Xeral de Traballadores (UXT), onde dende 1983 desempeñou distintos cargos. Foi membro da Comisión Executiva Rexional de UXT-Madrid, en distintas secretarías. Responsable confederal de Servizos Sociais. Membro do Comité Confederal da Unión Xeral de Traballadores de España.

Tras ser secretaria de Política Institucional do sindicato UXT-Madrid, integrouse na candidatura do PSOE á Asemblea de Madrid nas eleccións rexionais do 27 de maio de 2007, ocupando o número 6 da lista liderada por Rafael Simancas.

Tras a dimisión de Rafael Simancas pasou a ser voceira do Grupo Parlamentario Socialista na Asemblea de Madrid.

En 2011, é nomeada senadora pola Comunidade de Madrid.

O 4 de marzo de 2012 foi elixida secretaria de organización do PSM-PSOE no 12.º Congreso rexional do partido.

Notas

Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1959 Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Deputados da VIII Lexislatura da Asemblea de Madrid Categoría:Deputados da IX Lexislatura da Asemblea de Madrid Categoría:Senadores por designación da Asemblea de Madrid