Youtubeiras+ (até 2024, Youtubeir@s) é un concurso organizado en 2015, polos Servizos de Normalización Lingüística dos concellos de Ames, Carballo, Ferrol, Moaña, Narón, Oleiros, Pontevedra, Rois, Santiago de Compostela e Teo, das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e da Deputación da Coruña. O seu obxectivo é promover e visibilizar o uso do galego en Youtube e nas redes sociais en xeral.
Historia A primeira edición foi no ano 2017 co nome de Youtubeir@s. Artellouse en 8 categorías: vídeo-facermos, vídeo-opinarmos, canle, creatividade, eficiencia comunicativa, calidade técnica, calidade lingüística e o premio do público.
En 2019, engadiron a categoría vídeo-cantarmos e sumáronse os concellos de Cedeira, A Coruña, Moaña e Rianxo, cunha dotación económica de 6.500 euros. En 2020, pasou a ter 12 categorías e unha dotación total de 7.500 euros.
No ano 2024, mudou a denominación anterior, pasando a ser a actual Youtubeiras+, ao engadir tamén a rede Tik Tok.
Galardóns
2017 (I) 202 vídeos inscritos.
Premio Vídeo-Facermos: Corasón de Churrasco por Guiso especial Anti-San Valentín (abstéñanse delicad@s). Premio Vídeo-Opinarmos: Teño unha Horta en San Sadurniño por Prohibido plantar patacas: a praga da couza guatemalteca. Mención Honorífica Enxeño e Creatividade: Jun Dinamita por SmartFol G6! Unha REVIEW moi especial… Mención Honorífica Calidade Técnica: MichaelMood por A noite. Mención Honorífica Eficiencia Comunicativa: O Galego Mola por Tortilla de Pascua. Mención Honorífica Calidade Lingüística: XeoClip por Seis pasos para falar malpicán.
2018 (II) Avaliados 229 vídeos e 25 canles.
Premio Vídeo-Facermos: As Cousas do Choio por Como escaquearse dunha comida familiar. Premio Vídeo-Opinarmos: XeoClip por A expedición Balmis e a vitoria da vacinación. Premio Creatividade: Moustache Media Producciones por Os cazapantasmas. Premio Eficiencia Comunicativa: Aquel-e por O GALEGO FERMOSO (e o que non o é tanto). Premio Calidade Lingüística: Xosé Iglesias por Reivindicación oceánica!!!. Premio Calidade Técnica: Aarón Vilariño por Viaxar. Premio Canle: Nubes Baixo Ti. Proposta Youtubeira: As Cousas do Choio por Como dar cartos ás agachadas.
2019 (III) 252 vídeos e 32 canles, avaliados.
Premio Vídeo-Facermos: Aarón Vilariño por O radon: modais para un gas nobre. Premio Vídeo-Opinarmos: XeoClip por Formación dos cantís. Praia das Catedrais. Premio Vídeo-Cantarmos: Blanca e Tinta por O queimaserebros. Premio Creatividade: Cativos na Cociña. Premio Canle: Aquel-e. Premio Eficiencia Comunicativa: MJ Pérez por Rosalía ft. Rosalía – Malaxente (MJ Cover). Premio Calidade Lingüística: O Rabelo por 21 días improvisando. Premio Calidade Técnica: Aarón Vilariño por Os Novos. Quero fugir. Premio do Público: Flow do Toxo por Flow do Toxo.
2020 (IV) 536 vídeos presentados de 113 persoas creadoras.
Premio Youtubeir@: Olaxonmario Premio Canle: Prado Rúa Premio Vídeo: Aarón Vilariño por O cabalo de Alberte Merlo Premio Impacto: Aquel-e por Xogando con ANA PONTÓN aos Sims. Premio Calidade Lingüística: Cativos na Cociña por As patacas do paraíso. Premio Calidade Técnica: Antón Varela por Os Vinte do XX. Premio Comunicación: Un Rapá Transquilo. Premio Creatividade: O Son das Ideas. Premio Musical: FØ Records por Lume (feat. Camel Blando). Premio Didáctico: Naturiza. Premio Pioneiro: Cousas RarismASMR Premio do Público: Pablo Rodríguez Vila por APPS para DOCENTES de PRIMARIA/SECUNDARIA.
2021 (V) 44 canles presentadas e 64 vídeos avaliados.
Premio Youtubeira/o: Olaxonmario. Premio Canle: O Son das Ideas. Premio Impacto: Pablo Rodríguez Vila. Premio Calidade Lingüística: Neeumatiko. Premio Calidade Técnica: Toxío. Premio Comunicación: AstroXabi. Premio Creatividade: Cousas RarismASMR. .Premio Musical: Cousxs. Premio Didáctico: XeoClip. Premio Pioneiro: Recuncho Gamer. Premio Vídeo: Olaxonmario por Por que é que non entendo o português? Premio do Público: Orgullo Galego por Conversas con Anselmo López Carreira: O reino medieval de Galicia.
2022 (VI) 40 vídeos e 75 canles inscritas.
Premio Youtubeira: Neeumatiko. Premio Canle: Toxío. Premio Vídeo: Piratas Sen Parche por Eduardita. Premio Revelación: Histérikas Histórikas. Premio Calidade Lingüística: Falemos Do Reino de Galicia. Premio Rede: A Lobeira Today. Premio Pioneiro: Pingando. Premio do Público: Xabi Gómez por Bembibre coas Tanxugueiras.
2023 (VII) Inscritas 68 canles e 24 vídeos.
Premio Youtubeira: Recuncho Gamer. Premio Canle: OU ké! Premio Vídeo: Todomalva GZ por unha fin de semana en londres. Premio Revelación: O Faiado Podcast. Premio Calidade Lingüística: Olaxonmario. Premio Rede: Youtube en galego. Premio Pioneiro: Fica coa Bóla. Premio do Público: Savia Nova por Fun por 3 meses e levo 8 anos coa fauna salvaxe en Namibia.
2024 (VIII) Participaron 89 canles.
Canle de YouTube: Exército Mekemeke. Canle de Tik Tok: Sara Seco levou o galardón á canle de TikTok. Premio á Creación de Contidos: Prado Rúa. Premio á Calidade Lingüística: Luís do Río. Premio Rede: Rabelico Revista. Premio Revelación: Galiactiva. Premio do Público: vídeo A revolución galega de 1846, da canle Orgullo Galego.
2025 (IX) miniatura|dereita|Foto de familia das gañadoras dos Premios Youtubeiras+ 2025 Participaron 126 canles.
Premio á Creación de Contidos: Konachadas. Premio á Mellor Canle: Rodri Míguez. Premio ao Mellor Pódcast: Fóra de mapa pódcast. Premio Calidade Lingüística: Patri Otero. Premio Revelación: O búnker debuxos. Premio Rede: ChutenMeme. Premio do Público: o vídeo Cada historia, unha vida. O 25N no CEIP de Tarrío, de Xurxo Varela.
Recoñecementos En 2019 foi recoñecido co Premio Mil Primaveras concedido pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua na categoría de proxecto máis innovador.
Notas
Categoría:Normalización lingüística do galego Categoría:YouTube Categoría:2015 en Galicia Categoría:Premios