Ofelia Uribe Durán, tamén coñecida como Ofelia Uribe de Acosta, nada en Oiba (Santander) o 22 de decembro de 1900 e finada en Bogotá o 4 de agosto de 1988, foi unha xornalista colombiana, mestra, política e feminista sufraxista. Tivo unha destacada participación na loita polos dereitos da muller no seu país, «expoñente dunha xeración de mulleres que interromperon na vida nacional para loitar polo respecto á súa dignidade humana e o recoñecemento dos dereitos civís e políticos das mulleres colombianas».Orígenes de la Sección Integrada del Colegio de Boyacá.
Traxectoria Foi a filla máis vella e única muller nun fogar de cinco irmáns. O seu pai Juan Bautista Uribe Durán e a súa nai Josefa Durán Gómez eran educadores de raizame liberal.
A relación na súa nenez co seu pai e os seus irmáns influíu no seu carácter e posición respecto dos dereitos da muller. Con eles participou de actividades pouco habituais naquela época para as nenas como o tiro ó branco e, sobre todo, a participación en pé de igualdade no mundo intelectual.Ofelia Uribe de Acosta
Sendo aínda moi pequena, a súa familia trasladouse a vivir ao Socorro (Santander), onde efectuou os seus primeiros estudos nunha escola pública para seguir logo maxisterio na Escola Normal de San Gil.
En 1917 rematou os seus estudos na Normal, e tras algunhas dificultades por razóns políticas obtivo traballo como mestra de primaria en Simacota. Un ano despois abriu un colexio coa súa nai, pero falta de apoio oficial e de recursos propios fixo que pechase. Finalmente, a familia trasladouse primeiro a Chiquinquirá e en 1924 a Miraflores.
Nesa cidade de Boyacá coñeceu ó avogado Guillermo Acosta, fillo de Mílciades Acosta Castelo e de Emilia Acosta Gutiérrez, sobriño do expresidente liberal xeneral Santos Acosta, con quen contraeu matrimonio en 1926.
Notas
Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1988 Categoría:Feministas de Colombia Categoría:Nados en Colombia Categoría:Personalidades sen imaxes