Laura Hermo Rioboo, nada en Boiro en 1990, é unha remeira galega e patroa de traiñeira. Gañou 4 competicións da Bandeira da Concha feminina e 2 Ligas ACT, entre outras.
Traxectoria Comezou na canteira do Club de Remo Cabo da Cruz. Despois de gañar algunhas competicións de traiñeiras e campionatos de botes, en 2008 foi nomeada patroa da traiñeira de Galicia na competición feminina da Bandeira da Concha. Dende entón, é a patroa que máis vitorias acumula en dita competición cun total de 4 (en 2008, 2009, 2010 e 2011).
Tamén gañou dúas Ligas ACT (en 2009 e 2010) e dous Campionatos de España de Traiñeiras (en 2010 e 2011).
Palmarés Bandeira da Concha feminina (4): 2008, 2009, 2010 e 2011. Campionato de España de Traiñeiras (2): 2010 e 2011. Campionato Galego de Traiñeiras (1): 2010. Liga ACT feminina (2): 2009 e 2010. Liga galega (2): 2009 e 2010. Bandeira de Zarautz (1): 2010.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Sociedade Deportiva Rías Baixas Bandeira da Concha feminina
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Boiro Categoría:Remeiros de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes