Salterio de Fingoy (na edición orixinal)Salterio de Fingoy en Google Books. ou Salterio de Fingoi, é un libro de poemas de Ricardo Carballo Calero publicado en 1961 por Editorial Galaxia dentro da Colección Salnés, e reeditado en 1980.

Características Salterio é un libro de coro que contén salmos. Fingoi é o colexio no que Ricardo Carballo Calero traballo en Lugo. Son catro partes: Salterio de Fingoi, Aneis de água, Novelos de fantasmas, Oratório. Para Henrique Rabuñal: Na primeira domina a expresión da anguria e o silencio, a soidade do ser humano, a busca da liberdade, a defensa da poesía, a ruína existencial... Na segunda, o poeta expresa o fuxidío existir e a profunda soidade en que vive quen deu todo aos demais e nada a si mesmo, a súa condición de viaxeiro por un país incerto e sen mapas.

A métrica clásica convive cos metros da poesía contemporánea, a imaxe e a metáfora están moderadas polo conceptualismo de base existencial, conxuga connotación e denotación, o xogo do banal e do transcendente, da excelencia e da vulgaridade, do escuro e do transparente. É esa tensión de contrarios un elemento de contemporaneidade e específico da poesía de Carballo Calero. Predomina o sentido transcendental da existencia, onde a poesía é catarse, unha maneira de expresar esa transcendencia, de purgar as preocupacións do home. .

Sobre a poesía de temática relixiosa no libro o autor confésalle a Carmen Blanco:

Araceli Herrero Figueroa distingue no libro os temas de Deus, a vida, o amor e a morte. E engade:

Contido Na edición de 1980 hai catro apartados.

Saltério de Fingoi

E a roda vai girando, como a do afiador. Poema no que se evidencian as resonancias bíblicas. Oh néboa, oh néboa Anda, home, arrandea-te: é o teu fado E estás ali –como un cadelo triste Intre de soledade Demasiado duro es pra contigo A bailaria Ja chegou ese tempo Un pouco de dor Ben querería, certo E pra qué escreber máis Hai quen a vida leva nos seus fros Non. Non che é o gozo do botin A tua carne é moza De novo aquel veleiro Ti que procuras a infinda liberdade Oh ti, a leda, que os brazos ergues nus Poeta es, pois dá-che nojo todo ¿Cómo contentar pode a pequenez Arrandea-se a tua carriola Mais ao cabo tamén o amor Ten mal sabor a vida ten algunhas veces Alto Lérez

Morta no mar

Aneis de água

¿E de verdade foi? ¿Foi de verdade? Ollas, meu ben, as cañas dos Ancares No illó da beira do camiño A felicidade Esquezo

Esta nada que che traio Non amo moito a poesia. Amo-a E se agora dixeses “te amo” Con qué temor as miñas mans Ti que me ajudas nesta misa eterna Gadañadora Praia de Corujo Non, non te amei. Agora sinto perto E calquei a soleira bretemosa

Novelos de fantasmas

Rosa en maceta Viage Paxaro Amazonas Ese neno

Perguntas Salomé Amantes

Oratório

Rondel do anjo do paraíso Helena regresa a Esparta

Graal Gandhi Urbe In memoriam A Bacante e Dionisos

Notas

Categoría:Obras literarias de 1961 Categoría:Obras literarias de Carballo Calero Categoría:Obras de poesía en galego