Francisco José Pérez Pérez, nado en Vigo o 8 de setembro de 1920 e finado na Habana o 20 de setembro de 1999, foi un xadrecista galego, tres veces campión nacional.
Traxectoria Naceu en Vigo pero aprendeu a xogra ao o xadrez en Málaga, onde fora destinado o seu pai, que era militar. A súa irmá, Amelia Pérez de Navas, foi unha destacada xogadora en Córdoba (Arxentina).Revista Jaque Mate (Argentina) enero 1956, p. 10.
Durante a súa vida profesional, ó trasladarse a vivir a Madrid, logrou os campionatos de Castela nos anos 1941, 1943, 1946, 1947 e 1949 no que venceu a Arturo Pomar no desempate; a nivel nacional, gañou numerosos torneos así como o de Estoril en 1950.
Logrou os campionatos de España absolutos nos anos 1948 superando ao xogador Rafael Saborido, no 1954 superando ó mestre internacional Román Torán e no 1960 superando novamente a Saborido, e resultou subcampión nunha ocasión, no ano 1948 por detrás de Antonio Medina.
Conseguiu o título de Mestre Internacional no ano 1959 e foi considerado como o mellor xogador á cega de España. Como xogador á cega, estabeleceu varias veces a plusmarca española, en 1947 en Vitoria, a 15 taboleiros, con 11 vitorias, 2 derrotas e 2 táboas, en 1954 en La Pobla de Segur, Lleida, a 20 taboleiros e no 25 de marzo de 1956 en Madrid, a 25 taboleiros dos que gañou 20 partidas, 1 perdida e 4 táboas.
Foi xogador da Selección Española e participou nas Olimpíadas de xadrez en dúas ocasións en Múnic no ano 1958 e en Leipzig en 1960, no Campionato de Europa de xadrez por equipos de 1961 en OberhausenCampeonatos de Europa por equipos e na Copa Clare Benedict nos anos 1958, 1959 e 1960.Olimpíadas de ajedrezCopa Clare Benedict
Período en Cuba Posteriormente trasladouse a vivir a Cuba, onde gañou o Torneo Zonal do Caribe en 1963 e a quen representou na Olimpíada de Tel Aviv en 1964. Cando deixou de participar en competicións, dedicouse ó ensino do xadrez e a editar unha revista especializada.
Morreu na Habana o 20 de setembro de 1999.
Notas
Categoría:Nados en 1920 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Finados en 1999 Categoría:Xadrecistas de Cuba Categoría:Xadrecistas de Galicia