Fire (en ) é un filme indio-canadense de 1996 escrito e dirixido por Deepa Mehta. Está protagonizado por Shabana Azmi e Nandita Das. É o primeiro título da "triloxía dos elementos" de Mehta, que foi seguido por Earth (1998) e Water (2005).

O filme está vagamente baseado na historia de Ismat Chughtai Lihaaf. Foi un dos primeiros filmes de Bollywood en amosar explicitamente unha relación homosexual. Non foi estreado na India até 1998, e certos grupos organizaron protestas, desencadeando un debate sobre cuestións como a homosexualidade e a liberdade de expresión no país.

Personaxes Nandita Das como Sita Shabana Azmi como Radha Karishma Jhalani como Radha de nena Ramanjit Kaur como nai de Radha Dilip Mehta como pai de Radha Javed Jaffrey como Jatin Vinay Pathak como guía no Taj Mahal Kushal Rekhi como Biji Ranjit Chowdhry como Mundu Kulbhushan Kharbanda como Ashok Alice Poon como Julie Ram Gopal Bajaj como Swamiji

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1996 Categoría:Filmes en lingua hindi Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes da India Categoría:Filmes dirixidos por Deepa Mehta Categoría:Filmes con banda sonora de A. R. Rahman Categoría:Filmes feministas Categoría:Filmes sobre temática LGBT da India Categoría:Filmes sobre temática LGBT do Canadá