Eatin' Dust é o quinto álbum de estudio da banda estadounidense de stoner rock Fu Manchu, publicado o 19 de febreiro de 1999 a través do selo Man's Ruin Records. Eatin' Dust foi o segundo disco de estudio para os novos membros Brant Bjork e Bob Balch, que substituíron a Ruben Romano e a Eddie Glass en 1997. Os tres primeiros temas foron editados orixinalmente no EP Godzilla. Josh Homme, de Kyuss e Queens of the Stone Age, tocou percusións adicionais durante aquela sesión de tres cancións, e Mike Coopersmith (un alias de Scott Hill) tocou a guitarra principal no lugar de Bob Balch. O resto do álbum conta coa formación normal da banda. O primeiro tema, "Godzilla", é unha versión de Blue Öyster Cult.

Man's Ruin reeditaría o disco posteriormente en vinilo de 12" incluíndo o EP e bautizándoo como (Godzilla's) Eatin' Dust. No ano 2004 foi reeditado por Elastic Records. Esta versión ten diferente orde das cancións e unha portada distinta.

At The Dojo Records reeditou o disco novamente en 2010 tanto en vinilo como en CD, cunha portada lixeiramente ditinta e a mesma listaxe de cancións que a derradeira reedición.

Listaxe de cancións Todos os temas por Fu Manchu agás ode se indique.

CD/LP (MR-157 cd/MR-163) "Godzilla" - 4:31 (Donald Roeser) "Module Overload" - 4:16 "Living Legend" - 5:08 "Eatin' Dust" - 3:08 "Shift Kicker" - 3:00 "Orbiter" - 3:13 "Mongoose" - 6:12 "Pigeon Toe" - 4:45

Vinilo de 10" (MR-157) "Eatin' Dust" - 3:08 "Shift Kicker" - 3:00 "Orbiter" - 3:13 "Mongoose" - 6:12 "Pigeon Toe" - 4:45

CD 2004(ELS-023) CD/LP 2010(ATD004-2) "Eatin' Dust" - 3:08 "Shift Kicker" - 3:00 "Orbiter" - 3:13 "Mongoose" - 6:12 "Pigeon Toe" - 4:45 "Module Overload" - 4:16 "Living Legend" - 5:08 "Godzilla" - 4:31

Notas

Categoría:Álbums de Fu Manchu Categoría:Álbums musicais de 1999 Categoría:Álbums de Man's Ruin Records