Para outras persoas tamén chamadas Ian Stewart, véxase a páxina de homónimos Ian Stewart
Ian Macpherson M. Stewart, nado en Edimburgo o 15 de xullo de 1929 e finado en Crieff o 19 de marzo de 2017 foi un piloto de automobilismo escocés.
Traxectoria Stewart era considerado por Jim Clark como un individuo moi nervioso que "ao volante estaba tan relaxado como calquera". A súa única aparición nun Gran Premio do Campionato do Mundo foi no Gran Premio do Reino Unido de 1953, no cal, debido a un fallo de ignición, non conseguiu terminar no seu Connaught-Lea Francis A da Ecurie Ecosse. A participación principal de Stewart foi como parte do equipo da Ecurie Ecosse correndo con coches Jaguar.
Stewart fíxose un nome nas carreiras cun Jaguar XK120 en eventos nacionais británicos, gañando 23 carreiras en só tres tempadas, incluíndo o Jersey International e o Wakefield Trophy. Foi membro fundador da Ecurie Ecosse quen adoptou a cor que levaba no seu XK120 como cor do equipo. Tamén foi responsable do seu escudo distintivo. Durante este período, foi un dos tres pilotos da Ecurie Ecosse na carreira de debut do equipo en Charterhall, que resultou nun segundo lugar para Stewart. Foi co equipo de Merchiston que Stewart gañou a maior parte das súas carreiras. Este éxito permitiulle participar co equipo oficial da marca Jaguar en Le Mans.
Irmán máis vello de Jackie. Ian retirouse das carreiras tras un accidente na carreira dos 1000 km da Arxentina de 1954 de automóbiles deportivos para atender os negocios agrícolas e públicos da súa familia en Perth e Kinross.
Rexistro de carreiras Mellores resultados Tempada Series Posición Equipo Coche 1951 Gran Premio de Escocia 3º Jaguar XK120 1952 Jersey International Road Race 1º Ecurie Ecosse Jaguar XK120 Wakefield Trophy 1º Ecurie Ecosse Jaguar C-Type Charterhall International 1º Ecurie Ecosse Jaguar C-Type 1953 Charterhall International 2º Ecurie Ecosse Jaguar C-Type Internationales ADAC 1000 km Rennen Weltmeistershaftslauf Nürburgring 2º Ecurie Ecosse Jaguar C-Type Nove Horas de Goodwood 3º W. Lyons Jaguar XK120C
Resultados Completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos Ecurie Ecosse Connaught Type A Lea-Francis l4 ARX 500 NED BEL FRA GBR ALE SUI ITA NC 0
Resultados completos nas 24 Horas de Le Mans Ano Equipo Co-Pilotos Coche Clase Voltas Pos. ClasePos. 1952 Jaguar Ltd. Peter Whitehead Jaguar C-Type S5.0Ret(xunta da culata) 1953 Jaguar Cars Ltd. Peter Whitehead Jaguar C-Type S5.0 297 4º 3º
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Profile at grandprix.com Profile at Old Racing Cars
Categoría:Nados en 1929 Categoría:Nados en Edimburgo Categoría:Finados en 2017 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Escocia Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Ecurie Ecosse Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans