Paula Janza Muñiz, nada no Grove o 12 de maio de 1975, é unha avogada e política galega.

Traxectoria Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi presidenta de Novas Xeracións do Grove, presidenta local do PPdeG, vicesecretaria xeral de Organización de Novas Xeracións de Galicia e membro do Comité Executivo Rexional do Partido Popular de Galicia. Nas eleccións municipais de 1999 foi elixida concelleira do Grove, e ocupou o cargo de tenente de alcalde. Foi deputada do Parlamento de Galicia dende o 18 de xuño de 2002, substituíndo a María Martín Alonso. Traballou para conseguir compromisarios para Xosé Cuíña. A principios de 2006 anunciou o seu abandono da política.El adiós de una mujer decidida

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Concelleiros do Grove Categoría:Concelleiros de Galicia polo PPdeG Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados no Grove Categoría:Nados en 1975 Categoría:Deputados da VI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes