Distribuciones Froiz, S.A. é unha empresa galega adicada ao sector da distribución alimenticia. Ten máis de 300 tendas en España (Galicia, Castela e León, Castela-A Mancha e Madrid) e Portugal, zona norte.Magín Alfredo Froiz, el tendero que es libre en el mar La Voz de Galicia, 8/4/2018 .

Historia O fundador da empresa, Magín Alfredo Froiz, comezou a traballar nunha empresa construtora. Deixou o posto para traballar como autónomo na carnizaría dun pequeno supermercado na rúa Cobián Roffignac de Pontevedra. Dous anos despois, canto contaba con 24 anos, fíxose cargo de todo o supermercado con 12 traballadores. En 1968 remodelou o local de 300 metros cadrados co nome de Supermercado Froiz. En 1979 abriu o segundo local. En 1990 construíron almacén loxístico en Lourido, Poio.

Expansión Tamén na década dos 90, comezou a expansión do grupo con tendas por toda Galicia, Portugal e Castela-León. En 2005, entra en Castela-A Mancha e, en 2008 na Comunidade de Madrid.

En 2022, está a erguer outro centro loxístico no polígono de Barro, onde conta con máis de 80.000 metros cadrados.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Empresas de distribución Categoría:Empresas de alimentación de Galicia Categoría:Poio Categoría:Economía de Pontevedra