O aeroporto de Norwich é un aeroporto internacional menor inglés en Hellesdon, Norfolk, a 5,2 quilómetros ao norte de Norwich. No ano 2017 foi o 26º aeroporto máis concorrido do Reino Unido e o máis concorrido da rexión de Anglia Oriental con 533 663 pasaxeiros.
Xunto cunha longa historia de voos cara Ámsterdam-Schiphol con KLM Cityhopper, o aeroporto ofrece voos a varios destinos no Reino Unido e Europa. Ademais das operacións regulares, Norwich tamén opera voos chárter. Bristow Helicopters, DanCopter e Babcock Mission Critical Services Offshore transporta persoal ás plataformas de gas do mar do Norte e SaxonAir opera servizos con avións executivos e voos chárter con helicópteros.
O aeroporto instalouse no mesmo lugar que unha antiga base da Royal Air Force a comezos dos 70 baixo a propiedade das autoridades locais. Posteriormente foi vendido a mans privadas.
Aeroliñas e destinos
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto
Norwich