Os asasinos (en ) é un filme estadounidense de 1946 dirixido por Robert Siodmak. Baséase en parte na historia curta "The Killers" de Ernest Hemingway. Está protagonizado por Burt Lancaster no seu primeiro filme, Ava Gardner, Edmond O'Brien e Sam Levene. No filme tamén aparece William Conrad, na súa primeira aparición cun papel acreditado, como un dos asasinos.. John Huston e Richard Brooks escribiron xuntos o guión pero non aparecen acreditados. No seu canto aparece Anthony Veiller.

En 2008, Os asasinos foi escollido para a súa preservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo."

Estreouse en galego o 2 de febreiro de 1990 a través da TVG.

Sinopse Dous asasinos a soldo chegan a unha pequena poboación e matan o empregado dunha gasolineira: Ole Andreson "o Sueco" (Burt Lancaster), que os estaba agardando. O detective Reardon (Edmond O'Brien) investiga o caso para a compañía de seguros na que traballa, a pesar de que o seu xefe lle di que non o faga, por tratarse dun asunto de pouca importancia económica. Reardon comeza a atar cabos e descobre que a vida do "Sueco" estivo chea de enganos e de crimes, e que en todo iso tiña algo que ver a misteriosa Kitty Collins (Ava Gardner).

Personaxes Burt Lancaster como Pete Lund/Ole "Swede" Andreson Ava Gardner como Kitty Collins Edmond O'Brien como Jim Reardon Albert Dekker como "Big Jim" Colfax Sam Levene como Tenente Sam Lubinsky Vince Barnett como Charleston Virginia Christine como Lilly Harmon Lubinsky Charles D. Brown como Packy Robinson Jack Lambert como "Dum-Dum" Clarke Donald MacBride como R.S. Kenyon Charles McGraw como Al William Conrad como Max Phil Brown como Nick Adams Jeff Corey como "Blinky" Franklin Harry Hayden como George Bill Walker como Sam Queenie Smith como Mary Ellen Daugherty Beatrice Roberts como enfermeira John Miljan como Jake the Rake Vera Lewis como Ma Hirsch

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 1946 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Robert Siodmak Categoría:Filmes ambientados en Nova Jersey Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1946 con versión en galego