A igrexa de Västergarn (sueco: Västergarns kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Västergarn, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Historia e arquitectura Ao norte da presente igrexa atópanse os cimientos dunha igrexia románica anterior. O edificio actual, construído a mediados do século XIII, é só o coro dunha igrexa moito máis grande que nunca chegou a rematarse, quizais debido a un declive nas fortunas locais por motivo da guerra civil que sufriu Gotland en 1288, e no presente trátase da igrexa medieval máis pequena da illa. A meirande parte do seu interior data da época posterior á Reforma. Un elemento digno de mención do seu interior é o barco votivo que data do ano 1637.

Galería de imaxes

Notas

Västergarn