Aristágoras é un antropónimo masculino grego que normalmente se refire a Aristágoras de Mileto, o tirano de Mileto que comezou a revolta xónica.
Tamén levaron o nome de Aristágoras varias persoas da antigüidade:
Aristágoras, século -VI, pai de Hexesístrato, o emisario de Samos ao exército lacedemonio en Delos nun incidente das guerras médicas. Aristágoras, século -VI, tirano de Cuma, fillo de Heracleides. Aristágoras, século -V, tirano de Cícico en Anatolia. Aristágoras, século -V, un escritor cómico de Mileto. Aristágoras de Ténedos, c. -446, un atleta mencionado nunha oda de Píndaro. Aristágoras, século -IV, fillo de Eudoxo de Cnido. Aristágoras, século -IV, historiador grego sobre Exipto. Aristágoras, c. -268, membro da Liga anfictiónica en Delfos nese ano polos xonios.
A súa forma feminina Aristagora pode referirse a:
Aristágora, século -VI, amante do orador Hipérides.