Astérix e a sorpresa do César (en ) é unha película de animación francesa de 1985 dirixido por Gaëtan Brizzi e Paul Brizzi. É o primeiro filme producido polo estudio de Astérix creado por Gaumont.Bernard de Choisy, Uderzo-storix, Jean-Claude Lattès, 1991, p.237 O filme é unha adaptación dos libros Astérix lexionario (1964) e Astérix gladiador (1967) de René Goscinny e Albert Uderzo.

Esta película foi dobrada ao galego e emitida na TVG o 16 de febreiro de 1991. Tamén foi editado en DVD por Filmax/TVG coa dobraxe en galego.

Argumento Obélix namórase dos encantos da fermosa Falbala cando regresa á aldea. Pero a chegada do seu prometido Tragicomix pon fin ao seu romance unilateral. Máis tarde, o secuestro da parella por parte dos romanos leva a Astérix e Obélix a acudir no seu auxilio nunha viaxe que os levará desde Condate (Rennes) e Massilia (Marsella) ata o Coliseo, ata Roma, pasando pola África sahariana.

Dobraxe

Data: 1991 Estudio: Songasa, S.A. ()

Actores da dobraxe: +PersonaxeActor orixinal (Francia)Actor de dobraxe (Galicia)AstérixRoger CarelXerardo CoutoObélixPierre TornadeRamiro TaboadaCaius ObtususPierre MondyXulio CésarSerge SauvionAntonio MourelosPanorámixHenri LabussièreFalbaláSéverine MorisotTeresa SantamaríaDanielle Licari (voz cantante)TraxicómixThierry RagueneauGonzalo FaíldeAbraracúrcixJean-Pierre DarrasAntonio Durán (Morris)Decurión SuperbusRoger LumontJulio LorenzoCenturión TerminusPierre TcherniaPaco BarreiroPresentador dos agasallosNicolas SilbergManuel PombalLexionario–Garda da porta da oficina–Suso ÁlvarezEncargado da oficina–Juan DiéguezRecruta bretónAlain DouteyTacho GonzálezRecruta íberoPaul BiscigliaCarlos CousoRepartidor do ranchoGérard CroceSuso ÁlvarezChefPierre MiratBernardo XoséPregoneiro do campamento–Juan DiéguezCenturión VafotibusMichel BarbeyTacho GonzálezRomano do campamento con delantal–Alfonso AgraVendedor de escravos 2–Paco BarreiroFarfelusPhilippe DumatCarlos CousoRecepcionista dos baños–Suso ÁlvarezGardacostas de Caius Obtusus–Manuel BotanaRomano calvo (1ª escena)–Paco BarreiroRomano de pelo branco cun bate–Limpador dos baños–Juan DiéguezPresentador do circoJosé LuccioniManuel PombalTítulo–Antonio Mourelos

Distincións 1987: Golden Screen

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 1985 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Bélxica Categoría:Filmes de Astérix Categoría:Filmes ambientados no Antigo Exipto Categoría:Filmes de 1985 con versión en galego