O Certame de Narración Curta Ánxel Fole é un premio literario promovido polo Concello de Lugo. Está dotado con 4000 euros e a obra é publicada por Edicións Xerais de Galicia. Recoñece co seu nome a figura do escritor Ánxel Fole.
Historia e características O certame naceu en 1997 (cando se lle dedicou a Ánxel Fole o Día das Letras Galegas), promovido polo Concello de Lugo e mais polo xornal El Progreso. Nun inicio premiaba relatos curtos en dúas categorías, lingua galega e lingua castelá, respectivamente con dous primeiros premios de 150.000 pesetas (900 euros) e dous segundos de 75 000 pesetas (450 euros). Nos comezos houbo tamén dúas categorías para textos en galego de mozos e mozas de Lugo: de 12 a 14 anos (cun primeiro premio de 40 000 pesetas e un segundo de 25 000) e de 14 a 18 anos (50 000 e 30 000 pesetas respectivamente). Na convocatoria de 2008 o importe subiu a 1000 e 500 euros en cada premio e modalidade.
Entre 2000 e 2003 non se convocou o premio en lingua castelá, e en 2012 pasou de forma definitiva a ser só en lingua galega. Concedíanse tres premios de 1500, 1000 e 500 euros. No ano 2013 o Concello de Lugo decidiu transformalo nun certame de novela curta ou conxunto de relatos e premiar un único traballo con 4000 euros, ademais da súa publicación en Edicións Xerais de Galicia.
Premios
Edición Ano Lingua galega Lingua casteláI1997Informe de Literatura 1997, Centro Ramón Piñeiro1º premio: "Punire" de Belén López Gómez2º premio: "Danae + 3" de Manuel Gago MariñoSusana Yáñez e Ana Pol (de 12 a 14 anos)Jesús Carreto e Francisco Fernández (de 15 a 18 anos)1º premio: "La segunda vida de Antonio Benítez Reino" de Marta Rivera de la Cruz2º premio: "La muerte del general Bienvenido Ariel Migaza" de Antonio Esteban González AlonsoII1998Informe de Literatura 1998, Centro Ramón Piñeiro1º premio: "Sfumatto en gris" de María Dolores Bouza Betriu2º premio: "A auga espétase no silencio" de Xesús Ferreiro Núñez"Celtas" de Lucía Vázquez López e "Un anxo" de Iria López Carregal (de 12 a 14 anos)"Unha noite con Marica" de Erika Reija López e "Memorias dunha receita" de Laura María Suarez Soto (de 15 a 18 anos)1º premio: "Muerte programada" de José Javier Pérez Quiroga2º premio: "La inevitable muerte de Tomás" de Antonio Estebán González AlonsoIII1999Informe de Literatura 1999, Centro Ramón Piñeiro1º premio: "Fronte ó mar de Kermow" de Paulo Martínez Lema2º premio: "Corazón de mazá retriga" de Jesús Ferreiro Núñez1º premio: "Lucía" de José Javier Pérez Quiroga2º premio: "Mujer de piedra" de Gemma Santa María FernándezIV2000Informe de Literatura 2000, Centro Ramón Piñeiro1º premio: "A perla" de Beatriz Lorenzo López2º premio: "O trespés" de Toño NúñezAccésit: "Apunte mariñeirán" de Marcelino Sisto DeibeNon se convocouV2001Informe de Literatura 2001, Centro Ramón Piñeiro1º premio: "A ventá" de Ana Arias Castro2º premio: "A pega" de Toño NúñezNon se convocouVI2003Informe de Literatura 2003, Centro Ramón Piñeiro1º premio: "Ulises no mar de Vigo" de José Luis Calvo Vidal2º premio: "Medo á desmemoria" de Xesús Ferreiro NúñezAccésit: "Conolly na Cacharosa" de Paulo Martínez LemaNon se convocouVII20051º premio: "O fidalgo" de Xosé Alfredo Naz Fernández2º premio: "Madame Tussaud" de Emma Pedreira Lombardía1º premio: "Pantabiblia" de Ángel Javier Pérez Gómez2º premio: "La goleta" de Celestino Mendaña PardoVIII2006Informe de Literatura 2006, Centro Ramón Piñeiro1º premio: "O legado turbulento dos xemelgos Salinas" de Iván García Campos2º premio: "A muller que non comía" de Francisco Rozados1º premio: “Lo que hay que saber” de Javier Pérez2º premio: “El valor del ser humano” de José Manuel Moreno PérezIX2007Informe de Literatura 2007, Centro Ramón Piñeiro1º premio: "Nube de seda na Lúa" de Xosé Luís Vázquez Somoza2º premio: "Un tinteiro no ceo de inverno" de Ramón Noche Fraga1º premio: "Ella, claro, como es tan simple" de Jaume Calatayud2º premio: "Muchacha bella en la oscuridad" de Manuel Terrín BenavidesX20081º premio: "O bestiario máxico do abade Eliseo" de Francisco Rozados2º premio: "As sete tristes notas do meu vals" de Rocío Leira1º premio: "El cepillo de dientes" de Miguel Ángel López Alba2º premio: "La misma luz, los mismos colores" de Juana CortésXI2009Informe de Literatura 2009, Centro Ramón Piñeiro1º premio: "O valedor" de Xoán Xosé Piñeiro2º premio: "A endeble esencia" de Martiño Maseda Lozano1º premio: “Mujeres para entretener a un preso” de Saturnino Valladares2º premio: “El animal” de José Manuel MorenoXII20101º premio: Encontros e desencontros de Alberto Gómez Aneiros2º premio: "O sangue que tinxe as rúas de Gottan" de Alberto RodríguezAccésit: "A pleitesía do sorriso nas gamelas" de Rocío Leira1º premio: "Matar a un hombre" de María Luisa Frisa Gracia2º premio: "No solo de frío se tirita" de Manuel Luque TapiaXIII2011 1º premio: "Recandos" de Chelo Suárez Muíños2º premio: "O pensamento inerte" de Martiño Maseda Lozano1º premio: "Ningún ojo humano" de José Manuel Moreno Pérez2º premio: “La vida rota de Lulú Jiménez”, de Miguel Sánchez RoblesXIV20121º premio: "Monstros" de Luz Darriba2º premio: "Fáltasme" de Mercedes Leobalde3º premio: "Neiges d’antan" de Ana María GalegoNon se convocouXV20131º premio: deserto2º premio: "Trasnoitar de Nenos" de Ismael Ramos3º premio: "Campás de Anllóns" de Xosé Graña LamaNon se convocou Edición Ano PremioXVI2014Funambulistas de Mercedes LeobaldeXVII2015Tempos de bebidas isotónicas e fast-food de Álex AlonsoXVIII2016Once portas de Héctor CajaravilleXIX2017Principio de incerteza de Pilar Ortega Pereiro"Una viguesa gana el premio Ánxel Fole de narrativa", La Voz de Galicia, Lugo, 1-4-2017, p. L2.XX2018Tres pintores, de Xosé Cid CabidoXXI2019Veleno de tinta imprensa de Xosé Antonio Neira CruzXXII2020Afogada de Rocío LeiraXXIII2021Imaxes roubadas de María Dolores AraújoXXIV2022Bullying de Álex Alonso.XXV2023Finximentos de Mariña Pérez Rei.XXVI2024O livro das contrarias de Agustín Agra.XXVII2025Principio de superposición de Fran Fernández Davila.
Notas
Categoría:Edicións Xerais de Galicia Anxel Fole Categoría:Lugo