O aimará é a lingua que falan os aimarás dos Andes. Ten o rango de lingua oficial no Perú No Perú non se desenvolveu unha lexislación que puxera en práctica a oficialidade do aimara, nin ten uso oficial ningún na administración do Estado, agás cos programas rurais de EBI e Bolivia; conta tamén cuns miles de falantes en Chile e na Arxentina. En total hai entre dous e tres millóns de falantes. O aimará está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Constitúe a primeira lingua dun terzo da poboación de Bolivia e é o principal idioma amerindio do sur peruano e o norte chileno.(Hardman 2000: p. 1)

O aimará ten outras dúas linguas irmás: o kawki, que se dá por extinto e o jaqaru, falado no distrito de Tupe (provincia de Yauyos, Lima) por uns poucos millares de persoas.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en aimará

Categoría:Linguas de Bolivia Categoría:Linguas de Chile Categoría:Linguas do Perú Categoría:Linguas aglutinantes Categoría:Pobo aimará