Sandahl Bergman, nada en Kansas City, Missouri o 14 de novembro de 1951, é unha bailarina, actriz e especialista de acción estadounidense.

Traxectoria Danza Logo de pasar a nenez e a mocidade en Kansas, nos anos 70 mudouse a Nova York e comezou a bailar nalgúns musicais de Broadway. Bob Fosse contratouna como bailarina reserva do musical Pippin, dirixido por el mesmo. Tivo algúns papeis noutros musicais, até parte do cuerpo de actores/bailaríns de A Chorus Line, que era daquela o gran fenómeno de crítica e do público de Broadway. Interpretou a "Judy" despois de que varios dos actores e bailaríns orixinais deixaran o show en 1977.

Foi novamente promovida por Fosse no aclamado musical Dancin, de 1978, que contou con varios dos principais bailaríns de Broadway da época.

Cinema A súa estrea nas pantallas aconteceu cun pequeno papel nun filme para televisión. Despois del, participou no filme musical All That Jazz, tamén dirixido por Fosse, éxito de público e crítica e vencedor da Palma de Ouro do Festival de Cannes. Tamén participou no filme Xanadu, de 1980, con Olivia Newton-John.

Sandhal fíxose coñecida internacionalmente en 1982, ó protagonizar, a carón de Arnold Schwarzenegger o filme Conan o bárbaro, papel polo que acabó recibindo o Globo de Ouro de Actriz Revelación. Como non había ningunha dobre dispoñible coas súas características físicas, aprendeu a facer as escenas de risco que precisaban dun dobre. Tres anos despois, volveu participar noutro filme baseado nunha obra de Robert E. Howard, Red Sonja, na que interpretou a malvada Gedren.

Despois destes filmes, Sandhal actuou en pequenos papeis en diversos filmes e series de televisión. Casou por primeira vez ós 45 anos, en 1996. O seu derradeiro filme, foi O detective cantante, xunto a Adrien Brody e a Mel Gibson.

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1951 Categoría:Nados en Kansas City, Missouri Categoría:Actores de Kansas