Mañón é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Ortegal. É o concello máis setentrional de Galicia e da Península Ibérica. Segundo o IGE en 2020 tiña 1 319 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «».

Demografía

Censo total 1.454 (2015) Menores de 15 anos 91 (6,26 %) Entre 15 e 64 anos 816 (56,12 %) Maiores de 65 anos 547 (37,62 %)Estranxeiros 27 (1,86 %)

Xeografía É o concello máis setentrional de Galicia e da Península Ibérica. Esténdese por unha estreita e longa franxa de terreo, duns 30 quilómetros de longo e cunha largura de pouco máis dun quilómetro, rematando no mar Cantábrico. Linda ao leste co río Sor e a ría do Barqueiro. Ten un relevo abrupto, contando coa Serra da Faladoira, con 605 metros de altura; da Cruz da Palloza, 616 metros; e a continuación a Serra da Coriscada con 523 m. Ambas as dúas serras marcan o límite oeste do concello.

Goberno municipal Nas eleccións municipais de 2023, o PPdG volveu ser o partido máis votado en Mañón, obtendo 7 dos 9 concelleiros da corporación local, con Alfredo Dovale Pedreira como alcalde. O PSdeG-PSOE é o único grupo que senta nas bancadas da oposición, cos 2 concelleiros restantes.Junta Electoral de Zona de Ferrol. Eleccións locais 2023. Publicación de candidaturas proclamadas Boletín Oficial da Provincia da Coruña nº82, do 2 de Maio de 2023

Patrimonio histórico e artístico O Camiño dos arrieirosvéxase Información do Camiño dos arrieiros : Camiño que xa puidera ser neolíticoFoi estudado inicialmente por Federico Maciñeira, quen di: "... por las cimas de aquellas dos mentadas sierras, singularmente por la de Faladora -repito- se prolongan los túmulos a los lados de las viejas rutas. En cuyo itinerario de la Faladora concurren las principales circunstancias que caracterizaban los primitivos caminos: seguir las partes más altas y despejadas de las cordilleras paralelas a los ríos [...] la que debió ser a modo de vía sagrada de la oscura tribu que en amplio valle de Puentes tiene su asiento, en sus relaciones con la costa". Federico Maciñeira (1947: 34), que discorría aproximadamente pola dorsal das serras da Faladoira e Coriscada, unía As Pontes de García Rodríguez co porto de Bares. A pesar da erosión e das pistas do parque eólico, pode distinguirse aínda un 20% do traxecto. Ao longo do seu percorrido, a ambos os lados, atópanse unha gran cantidade de mámoas, e o mesmo ocorre na maioría das bifurcacións que ten: O primeiro ramal sae preto da cámara da mámoa de Forno dos Mouros, para as parroquias das Neves e Os Devesos, cara a ría de OrtigueiraMaciñeira Ás súas beiras atópase a necrópole de Muro do Vasco. A segunda bifurcación atópase pasado o pico de Coriscada, xa máis ao norte e diríxese ao porto de Espasante. Ao seu rente están as necrópoles situadas en Montecalvelo e Hedrosa, respectivamente.

Na parroquia de Santa María de Mañón está a igrexa parroquial de Santa María.

Na parroquia das Ribeiras está o pazo de Torre de Lama, construído sobre unha antiga fortaleza medieval, da que pouco se conserva.

Lugares turísticos Puntos de interese Fervenza de Augas Caídas, fervenza que se precipita nun cantil duns 90 metros de altura.

Refuxios: Na parroquia de Grañas do Sor: A Ribeira do Bispo. O Cascón. Na parroquia de Mañón: Ponte Segade. Muíño de Salustio. Fonte Cubelas. Augas Caídas. Na parroquia das Ribeiras do Sor: A Furada, coa súa ponte pendurante. Refuxio de Ulló. A Ponte do Porto, tamén chamada "Ponte de Malvide". Situada na parroquia de Mañón, trátase dunha ponte de orixe probablemente romana ou ben de orixe medieval sobre unha base romana. Ten tres arcos de medio punto. No centro da ponte atópase un miliario que marcaba o límite entre as antigas provincias de Betanzos e Mondoñedo.

Praias Praia de Vilela. Na estrada que une O Barqueiro con Bares, existe unha desviación á dereita, que achega á pequena cala de Vilela.

Praia de Bares. Antes de chegar ao Porto de Bares, atópase a praia de Bares, coa súa forma de cuncha e a Illa Coelleira á fronte. Esta praia queda dividida en dúas partes coa marea alta: unha parte na zona urbana e portuaria e a outra, coñecida como Igrexa Vella, cunha extensa zona dunar e dividida á súa vez por un saínte elevado e rochoso.

Praia de Esteiro ou Cañoles. Camiño de Ortigueira, atópase a praia de Esteiro, que ven gozando do distintivo de Bandeira Azul europea. Praia con forte ondaxe nunha zona e con outra, porén, de augas tranquilas na desembocadura do río Esteiro, máis acaida para o baño de nenos.

Sendeirismo Mañón ten dúas rutas homologadas de sendeirismo:

PR-G 204 Ruta Ribeira do Bispo – Miradoiro de Augas Caídashttps://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200525000145/pr-g-204-ruta-ribeira-do-bispo-miradoiro-de-augas-caidas?langId=gl_ES&tp=6&ctre=23. Transita principalmente pola beira esquerda do río Sor, agás un treito entre o Muíño de Salustio e Fonte Cubelas. PR-G 212 Ruta Ponte do Porto - Ponte Ullóhttps://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200527000188/pr-g-212-ruta-ponte-do-porto-ponte-ullo?langId=gl_ES&tp=6&ctre=23. Discorre pola marxe esquerda do río Sor, pasado polo Refuxio da Furada e a súa Ponte Colgante.

Tamén transcorre unha parte do sendeiro PR-G 8 Morgallón - Río Sor - Morgallónhttps://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/33804/pr-g-8-morgallon-rio-sor-morgallon?langId=gl_ES&tp=6&ctre=23, con inicio no Concello do Vicedo.

Mañón na literatura popular Faralleiros son nas Grañas,/ revellados en Mañón,/ cabanexos en Cabanas,/ burros en San Pantaón Son todos lugares do concello de Mañón.

Galería de imaxes

Parroquias miniatura|As cinco parroquias que conforman o concello de Mañón.

Lugares de Mañón Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Mañón vexa: Lugares de Mañón.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Eleccións municipais en Mañón

Ligazóns externas Fervenza de Augas Caídas (entre outras) Rotas polo Sor Traballos sobre o Camiño dos arrieirios PR-G 204 Ruta Ribeira do Bispo – Miradoiro de Augas Caídas - SEGATUR Toponimia de Mañón

Categoría:Mañón