miniatura|left|Mercado de rúa en Luang Prabang. O Laos é un dos poucos países comunistas do mundo actual. O goberno comezou a descentralizar o control e a promover a iniciativa privada en 1986. Os resultados fixeronse sentir: o crecemento alcanzou a media do 6% a.a. no período 1988-2008, excepto no curto período da crise asiática iniciada en 1997. Entre 2008 e 2012 o crecemento superou os 7% ao ano, mais a pesar diso o país permanece cunha infraestrutura pouco desenvolvida, particularmente nas áreas rurais.

O país aínda depende moito da súa agricultura e ten unha infra-estrutura bastante deficiente. Non hai ferrocarriles. As principais estradas do país conectan os principais centros urbanos, pero case todas as pequenas vilas soamente se ligan ás estradas mellores por pequenas estradas sen asfalto. As telecomunicacións internas e co exterior tamén son limitadas.

Notas

Laos Categoría:Laos