miniatura|Acenocumarol.(RS)-4-hidroxi-3-[1-(4-nitrofenil)-3-oxobutil]cromen-2-ona. miniatura|Acenocumarol.Número CAS = 152-72-7.Peso molecular = 353,326 g/mol.Vida media de eliminación = <8-11 horas.

O acenocumarol é un anticoagulante, similar á warfarina, cuxo mecanismo de acción é ser un antagonista da vitamina K. É un derivado da cumarina comercializado co nome de Sintrom® ou Sinthrome®.

Presenta unha vida media breve (de 10 a 24 horas). A súa dose de sostén é de 1 a 8 mg/día.

Contraindicacións

Embarazo. Estados patolóxicos nos que o risco dunha hemorraxia sexa maior que o beneficio clínico posible. Certos complementos alimentarios, como o Ginkgo biloba ou Hypericum perforatum (herba de San Xoán ou abeloura).Vademecum.esInteraciones con el «Sintrom» (Acenocumarol): Cita: "Varios expertos reunidos esta semana (17-11-2010) no congreso anual da Asociación Americana do Corazón (AHA), recordan que moitos destes produtos, como o Gingko biloba ou a herba de San Xoan, poden alterar o efecto dun fármaco moi utilizado polos pacientes cardiópatas: o Sintrom (acenocumarol)."

Monitorización e seguimento do tratamento

Debido á variabilidade e a complexidade do sangue, as doses e a concentración de acenocumarol están directamente relacionadas coa viscosidade e a composición do sangue, plaquetas e factores de coagulación entre outros. En consecuencia, debe haber un control moi exhaustivo porque hai unha marxe terapéutica moi estreita. É imprescindible e necesario un control diario do paciente para adecuar o fármaco ás necesidades do paciente. A experiencia no tratamento fixo que, ao estabilizarse o INR no valor requirido, os controis poidan espazarse varios días e mesmo 3 ou 4 semanas.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Prospecto de Acenocumarol

Categoría:Fármacos Categoría:Nitrobencenos Categoría:Cetonas