A Patuleia,Patuleia. En Infopédia. Porto: Porto Editora, 2003-2010. (Consultada o 1 de maio de 2018). ou Guerra da Patuleia, é o nome que se deu á guerra civil entre "cartistas" (a tendencia máis conservadora do liberalismo xurdido despois da revolución de 1820, centrada en torno á Carta Constitucional de 1826, outorgada por Pedro IV nunha tentativa de reducir os conflitos abertos pola revolución, dado o seu carácter menos radicalizante do que a Constitución Política da Monarquía Portuguesa de 1822,Cartismo, en Centro de Estudos do Pensamento Político . e os "setembristas" (a corrente máis á esquerda do movemento liberal, recibindo esta designación polo apoio prestado por esta facción á Revolución de setembro; este movemento defendía a supremacía da soberanía popular, loitando activamente pola substitución da Carta Constitucional de 1826, outorgada polo soberano, por unha constituición aprobada por un congreso democraticamente elixido polo pobo),Setemprismo, en Centro de Estudos do Pensamento Político . no curso da Revolución de Maria da Fonte.
Nome Para algúns autores, o nome "Patuleia" deriva de pata ao léu (pé descalzo), mentres que outros defenden que é a adaoptación do termo castelán patulea, que significa "partida de xente desordenada e violenta".patulea 3ª acep., no DRAE. Decurso miniatura|Sesión das Cortes de Lisboa de 1822.|esquerda
Orixe Foi desencadeada en Portugal polo nomeamento, no curso do golpe palaciano do 6 de outubro de 1846, coñecido como a emboscada, dun goberno claramente "cartista" presidido polo mariscal João Oliveira e Daun, duque de Saldanha.
Transcurso A guerra civil tivo unha duración de cerca de oito meses, opondo os cartistas (co apoio da raíña María II) a unha coalición contranatura que unía setembristas e miguelistas (partidarios do rei Miguel I, irmán de Pedro IV e pai de María II).
Fin A guerra terminou cunha clara vitoria cartista, materializada a 30 de xuño de 1847 pola sinatura da Convenção de Gramido, despois da intervención de forxas militares estranxeiras ao abeiro da Cuádrupla Alianza.
Notas
Véxase tamén Bibliografía López-Cordón Cortezo, Mª Victoria (1981): "La política exterior", en: La Era isabelina y el sexenio democrático, tomo XXXIV da Historia de España Menéndez Pidal-Jover Zamora, Maadris: Espasa-Calpe, pp. 819–899. Menchén Barrios, María Teresa (1989): "La Cuádruple Alianza (1834). La Península en un sistema occidental", en Cuadernos de la Escuela Diplomática, Ministerio de Asuntos Exteriores, segunda época, Nº 2, pp. 31–51. Vilar, Juan Bautista (2003): "España en la Europa de los nacionalismos: entre pequeña nación y potencia media (1834-1874)" en: Juan Carlos Pereira (coord.): La política exterior de España (1800-2003). Barcelona: Ariel, pp. 401–420.
Categoría:Guerras nas que participou Portugal Categoría:Guerras civís Categoría:Guerras do século XIX