miniatura|Entrega dos premios en 2021 en Bueu O Premio de xornalismo Johán Carballeira é un certame convocado polo Concello de Bueu que premia artigos xornalísticos en lingua galega. No ano 2018 fixo a súa XV edición. Este premio, conxuntamente co Premio de poesía Johán Carballeira, recoñece a figura do político e escritor Johán Carballeira.

Premiadas/os 2002: Francisco Seoane Pérez polo artigo "A perigosa vida dun árbitro bravú". 2003: Eduardo Rolland Etchevers por "La aldea perdida". 2004-2005: Óscar Curros Moure por "Manuel Rivas, o poeta descoñecido". 2006: Carmen Marina Vidal Valiña por "Os berros espantaron o gando". 2007: Lois Pérez Leira e Mónica Lázaro Jodar por "A miña nai era a aia do Che Guevara". 2008: Fernando Arrizado Abuín por "Requiem polo «Foucellas»". 2009: Oscar Iglesias Arauxo por "¿Para que serve ser galego?". 2010: Moncho Paz pola entrevista a Ramón Chao "Entrei en Radio France porque falaba galego". 2011-2012: Marta Lemos Jorge pola reportaxe A historia de Ons a través de Johán Carballeira publicada no Faro de Vigo. 2012-2013: Deserto. 2013-2014: Cristian López Iglesias pola entrevista "David Reboredo conta a súa propia historia". 2014-2015: Arturo Sánchez Cidrás por "Entrevista a Johán Carballeira". 2015-2016: Antón Lopo pola súa entrevista a Xulio Calviño "Terán que volver os bárbaros para liberarnos" publicada na serie Estintivos en Sermos Galiza. 2016-2017: Montse Dopico pola reportaxe Galaxia vs Galaxia. A construción de hexemonía cultural, publicada na revista Luzes e María Obelleiro Hermida por "O apartheid sanitario na Galiza", publicada en Sermos Galiza. 2018: Moncho Iglesias por "Corea do Norte, a vida dese outro lado", publicado en Tempos Novos. 2020: Nieves Neira por "A fotógrafa revelada". 2021 (XVIII): Marta Veiga Izaguirre por "Cantigas para despois dunha pandemia". publicada en Luzes 2022 (XIX): Antía Yáñez por "A saúde mental en Galicia, en bragas", publicado na revista Luzes. 2023 (XX): Héctor Pena por "Historia inacabada do deporte galego", publicada en Nós Diario. 2024 (XXI): Lois Pérez Díaz por Eloxio do apenovismo. 2025 (XXII): Cláudia Morán e Manolo Broa coa reportaxe Convivir co lume. O baleiro que arde: un territorio a mercé do lume, publicada en Nós Diario. 2026: Manuel Vilas López pola reportaxe “Nin pirómano nin inocente: o eucalipto arde ben nun rural abandonado”, publicada no xornal Galicia Pres.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Johán Carballeira

Ligazóns externas Histórico dos Premios de Xornalismo Johán Carballeira

Johán Carballeira Categoría:Bueu