O carcinoma inflamatorio de mama é un dos tipos máis agresivos de cancro de mama. Pode ocorrer en mulleres de calquera idade e, aínda que de forma extremamente rara, tamén en homes. É denominado inflamatorio porque aparece frecuentemente con síntomas que se asemellan ós dunha inflamación. A pesar do nome, está aínda en investigación se a inflamación contribúe ou non para o desenvolvemento de cancro inflamatorio. Porén, pode manifestar sinais e síntomas variados, frecuentemente sen tumores detectables, sendo por iso indetectable en mamografías ou ecografías.
Os síntomas máis comúns son a inchazón de aparición súbita, por veces asociado a alteracións cutáneas e retracción da mamila. Entre outros síntomas están o súbito aumento do tamaño da mama, cor vermella, proído persistente e pel quente no tacto. No inicio, o cancro inflamatorio de mama aseméllase á mastite. Só 50-75% dos casos manifestan esta presentación típica. Os síntomas poden ser completamente atípicos, como trombose venosa.
O cancro inflamatorio é responsable só por unha pequena porcentaxe dos casos de cancro de mama, 1 a 6% nos Estados Unidos,Wingo, Phillis. "Population-based statistics for women with inflammatory breast cancer (United States)." Cancer Causes and Control 15 (2004): 321-28 e moitas veces diagnosticado en mulleres mozas, aínda que a idade media de diagnóstico non sexa moi distinto da doutros tipos de cancro de mama (de media 57 anos).Gordon, Lisa. "Picture This." CLINICAL JOURNAL OF ONCOLOGY NURSING 5 (2001). EBSCO. Academic Search Complete. 02 Apr. 2009
Notas
Categoría:Cancro de mama